Lloyd's Register

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lloyd's Register of Shipping
Tipo Sociedade de clasificación
Fundación 1760
Localización 71 Fenchurch St, Londres, Reino Unido Reino Unido
Persoas clave Thomas Thune Andersen (presidente) Richard Sadler (CEO)
Industria Naval, química, enerxía, gas e petróleo
Produtos Asesoramento, avaliación de riscos
Número de empregados 7555
Páxina web lr.org
Non debe ser confundida con Lloyds Bank, Lloyd's of London ou Lloyd's List.
Sede de Lloyd's Register en Londres.

Lloyd's Register é un grupo adicado á clasificación de buques e industrias navais. As sociedades de clasificación son unhas organizacións independentes e sen ánimo de lucro adicadas ao asesoramento naval e industrial, avaliación de riscos, certificación de servizos e sistemas de xestión. Durante o século XX Lloyd's Register diversificou o negocio naval a outros sectores como o petróleo e o gas, industrias, enerxía nuclear e ferrocarril.

Lloyd Ltd Quality Assurance (LRQA) tamén ofrece asesoramento en sistemas de certificación ISO9001 , ISO14001 e OSHAS18001 . As orixes da sociedade están en Lloyd's Register of Shipping empresa adicada á clasificación de buques. Lloyd's Register é a máis antiga sociedade de clasificación de buques do mundo e unha das tres maiores do mundo. As outras dúas son: American Bureau of Shipping e Det Norske Veritas.

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe da sociedade está no mercado de seguros de Londres, Lloyd's of London. No século XVII no café de Edward Lloyd reuníanse armadores, aseguradores, comerciantes, mariños e outros. O propietario do café comezou a publicar unha folla ca información que lle daban e escoitaba aos clientes. En 1760, a Register Society estaba formada polos clientes da cafetería que montou o Register of Shipping, é o primeiro rexistro naval coñecido do seu tipo. Entre 1800 e 1833, unha liorta entre armadores e aseguradores fixo que cada un publicara unha lista independente: o "Libro Vermello" e o "Libro Verde"[1].

Rexistro de buques[editar | editar a fonte]

LR no disco Plimsoll, iniciais que deben levar tódolos buques rexistrados por Lloyd's.

A Sociedade de clasificación imprimiu o seu primeiro Rexistro de Buques en 1764 para dar unha idea aos aseguradores e os comerciantes do estado dos buques que aseguraban e fletaban[2]. Os cascos dos buques foron clasificados nunha escala de letras (dende A, a mellor). O equipamento dos buques (paus, aparellos e outros equipos) clasificouse por número (dende 1, o mellor). O mellor buque co mellor equipamento era clasificado como "A1", clasificación empregada por primeira vez na edición do Rexistro de 1775-76. Canto mellor era esta clasificación menos cobraban as aseguradoras aos armadores polo frete do buque. O buque podía cumprir unha parte da normativa pero non outra. Dende finais do século XX só existe a clasificación A1, cumprimento de toda a normativa.

O Rexistro publícase anualmente con información sobre tódolos buques e artefactos flotantes mariños autopropulsados de igual ou máis de 100 toneladas de arqueo bruto. Un buque queda rexistrado en Lloyds ata que afunda, naufrague ou sexa despezado.

O Rexistro foi publicado primeiramente pola empresa conxunta de Lloyds Register-Fairplay, constituída en xullo de 2001 pola fusión de Lloyd's Register's Maritime Information Publishing Group e Prime Publications Limited. Lloyd vendeu a súa participación na empresa a IHS en 2009.

Normas de clasificación[editar | editar a fonte]

Lloyd ofrece garantía de calidade e certificación de buques, plataformas Off Shore e en terra instalacións como centrais eléctricas e infraestrutura ferroviaria. Lloyd é máis coñecido pola clasificación e certificación de buques, e inspecciona e aproba importantes compoñentes e accesorios, incluídos o equipamento de salvamento, prevención da contaminación mariña, protección contra incendios, navegación, equipamento de radiocomunicacións, equipo de cuberta, cadeas, rodetes e áncoras. As normas de certificación inclúen toda a vida do buque. Dende o deseño inicial ata o seu mantemento pasando pola construción, probas de mar e certificación de tódalas reparacións.

Normativa para buques[editar | editar a fonte]

Certificado Lloyd's Register para liña de carga (marca Plimsoll).

A normativa de clasificación de Lloyd para buques deriva dos principios da Enxeñería Naval e a experiencia náutica. Son aplicacións de seguridade e operación para buques mercantes (graneis sólidos e líquidos, contedores, carga rodante, etc), militares e buques particulares de todo o mundo.

A normativa refírese a:

  • Materiais utilizados para a construción do buque.
  • Requirimentos estruturais dos buques e mínimas seccións dos materiais.
  • Uso e mantemento da maquinaria principal e auxiliar.
  • Uso e mantemento dos sistemas de emerxencia e control.

Existen normativas específicas en función de cada tipo de buque: mercantes, buques de guerra, trimaráns, embarcacións para fins especiais e Off Shore.

Un buque está in class se cumpre con tódolos requisitos mínimos das Regras de Lloyd, e nun estado que permita a posibilidade do buque para conseguir un seguro. O certificado in class pode ser retirado ao buque se está en violación dos regulamentos e non mantén os requisitos mínimos estipulados pola empresa. En circunstancias excepcionais pódese xustificar unha dispensa especial do Rexistro de Lloyd. Calquera alteración do buque, si é unha alteración estrutural ou na maquinaria, deberá ser aprobada por Lloyds Register antes da súa aplicación, durante a mesma e unha vez feita.

Os buques son inspeccionados periodicamente por un equipo de inspectores Lloyd, un dos controis máis importantes son os anuais da liña de carga. A inspección do casco para asegurarse de que la liña de carga non foi alterada. Outras inspeccións como a estanquidade das comportas e escotillas, barreiras de seguridade e barandillas. Unha vez finalizada satisfactoriamente o buque está autorizado a operar un ano máis, e expídese un certificado de francobordo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]