Liv Ullmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liv Ullmann

Liv Ullmann, nada o 16 de decembro de 1938, é unha actriz e directora de cine norueguesa, actuou en nove filmes de Ingmar Bergman, con quen tivo unha filla, a escritora norueguesa Linn Ullmann.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Toquio, onde o seu pai traballaba como enxeñeiro, e medrou en Trondheim. Comezou actuando en Noruega no teatro. O seu traballo con Bergman, en especial Scener ur ett äktenskap, convertérona nunha icona cultural e do feminismo e nunha das actrices máis recoñecidas do seu tempo.

Filmografía[editar | editar a fonte]