Lista de líderes da República Federal Socialista de Iugoslavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta é unha lista parcial dos funcionarios principais da República Federal Socialista de Iugoslavia (coñecida como a República Federal Popular de Iugoslaviaaté 1963), aínda que polo xeral refírese a un presidente o título oficial foi Presidente do Presidium da República Federativa Socialista de Iugoslavia.

Xefes de Estado[editar | editar a fonte]

Presidente Período Notas
Ivan Ribar 29 de decembro 1945 - 14 de xaneiro 1953
Josip Broz Tito 14 de xaneiro 1953 - 16 de maio 1974 Presidente vitalicio

Despois de 1974, Iugoslavia estivo encabezada pola Presidencia Colectiva, que consistía nos representantes das seis repúblicas e das dúas provincias autónomas dentro de Serbia (dende 1988). O colectivo foi presidido por Tito, que foi presidente vitalicio até a súa a súa morte en 1980, despois foi un dos membros elixidos anualmente Presidente da Presidencia e actuou como xefe de Estado.

Nome Período República Nacionalidade declarada
Josip Broz Tito 16 de maio 1974 - 4 de maio 1980 Presidente vitalicio Iugoslavo
Lazar Koliševski 4 de maio 1980 - 15 de maio 1980 República de Macedonia Macedonio
Cvijetin Mijatović 15 de maio 1980 - 15 de maio 1981 Bosnia e Herzegovina Serbio
Sergej Kraigher 15 de maio 1981 - 15 de maio 1982 Eslovenia Esloveno
Petar Stambolić 15 de maio 1982 - 15 de maio 1983 Serbia Serbio
Mika Špiljak 15 de maio 1983 - 15 de maio 1984 Croacia Croata
Veselin Đuranović 15 de maio 1984 - 15 de maio 1985 Montenegro Montenegrino
Radovan Vlajković 15 de maio 1985 - 15 de maio 1986 Voivodina Serbio
Sinan Hasani 15 de maio 1986 - 15 de maio 1987 Kosovo Albano
Lazar Mojsov 4 de maio 1987 - 15 de maio 1988 República de Macedonia Macedonio
Raif Dizdarević 15 de maio 1988 - 15 de maio 1989 Bosnia e Herzegovina Bosníaco
Janez Drnovšek 15 de maio 1989 - 15 de maio 1990 Eslovenia Esloveno
Borisav Jović 15 de maio 1990 - 15 de maio 1991 Serbia Serbio
vacante 15 de maio 1991 - 16 de maio 1991
Sejdo Bajramović 16 de maio 1991 - 30 de xuño 1991 Kosovo Albano
Stjepan Mesić 30 de xuño 1991 - 3 de outubro 1991 Croacia Croata
Branko Kostić 3 de outubro 1991 - 15 de xuño 1992 Montenegro Montenegrino

Xefes de goberno[editar | editar a fonte]

O goberno de Iugoslavia estibo primeiro presidido por un Primeiro Ministro. O 14 de xaneiro de 1953 foi reorganizado como Consello Executivo Federal, dirixido por un Presidente.

Nome Período Nacionalidade declarada Republica
Josip Broz Tito 29 de novembro 1945 - 29 de xuño 1963 Iugoslavo Croacia
Petar Stambolić 29 de xuño 1963 - 16 de maio 1967 Serbio Serbia
Mika Špiljak 16 de maio 1967 - 18 de maio 1969 Croata Croacia
Mitja Ribičič 18 de maio 1969 - 30 de xullo 1971 Esloveno Eslovenia
Džemal Bijedić 30 de xullo 1971 - 18 de xaneiro 1977 Bosníaco Bosnia e Herzegovina
Veselin Đuranović 18 de xaneiro 1977 - 16 de maio 1982 Montenegrino Montenegro
Milka Planinc 16 de maio 1982 - 15 de maio 1986 Croata Croacia
Branko Mikulić 15 de maio 1986 - 16 de marzo 1989 Croata Bosnia e Herzegovina
Ante Marković 16 de marzo 1989 - 20 de decembro 1991 Croata Bosnia e Herzegovina