Lingua caxubia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lingua caxuba")
Caxubio
'kaszëbsczi, pòmòrsczi'
Outros nomes: Caxubiano, Casubio
Falado en: Polonia, Canadá.
Rexións: Pomerania (Caxubia)
Total de falantes: 50.000 a 200.000
Familia: Indoeuropea
 Eslava
  Occidental
   Lequítico
    Caxubio
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: csb
ISO 639-3: csb
SIL: CSB

O caxubio[1] é unha lingua da familia eslava falada ó norte da República de Polonia, na costa do Mar Báltico. A súa proximidade lingüística co polaco fai que haxa moita xente que a considere coma un dialecto do polaco (lingua lequítica), aínda que en realidade forma parte dun subgrupo eslavónico diferente, dentro do cal se emparenta co polabio e o eslovinciano. Estruturalmente, ten unha grande cantidade de arcaísmos e empréstimos xermánicos cando se compara coas linguas eslavas veciñas.

Datos básicos[editar | editar a fonte]

Autoglotónimo: kaszëbsczi

Heteroglotónimo: caxubio (galego), kassubian (inglés), kashubian (inglés), Kaschubische Sprache (alemán), ...

Familia lingüística: linguas eslavas

Orde de constituíntes: ¿?

Número de falantes: 30 000 a 300 000

Estatus sociolingüístico: lingua minorizada de Polonia

Código do language.asp?code=CSB Summer Institute of Linguistics

Localización xeográfica e tipolóxica[editar | editar a fonte]

Gramática[editar | editar a fonte]

Ortografía[editar | editar a fonte]

Fonoloxía e fonética[editar | editar a fonte]

Vogais[editar | editar a fonte]

Consoantes[editar | editar a fonte]

Morfosintaxe[editar | editar a fonte]

Morfoloxía e flexión[editar | editar a fonte]

Sintaxe e principais construcións[editar | editar a fonte]

Léxico e semántica[editar | editar a fonte]

Sociolingüística[editar | editar a fonte]

Sociolingüisticamente, distribúese polo rural, especialmente nas camadas menos escolarizadas da poboación, polo que desenvolveron un sentimento de estigma e autoodio propio de moitas linguas minorizadas sen recoñecemento oficial. Dende hai uns anos, o goberno polaco implementou a súa presenza na televisión e radio estatal e, cumprindo co Convenio Europeo para a Eliminación de tódalas formas de Discriminación (CERD), estableceu o ensino de lingua caxubia en 19 centros para 1470 alumnos (1999-2000) e mesmo o ensino optativo na Universidade de Gdańsk.

Literatura[editar | editar a fonte]

O seu sistema literario baséase en xéneros coma a poesía, a regueifa e a exaltación rexionalista, temas a prol da lexitimación que son habituais nas linguas estigmatizadas. As súas asociacións son máis activas e agrúpanse na "Asociación Caxubio-pomerana" (Zrzeszenie Kaszubsko-Pomorskie) dende 1929.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dicionario Ir Indo
Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua caxubia.