Lingua canuri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Canuri
Falado en: Nixeria
Níxer
Chad
Camerún
Total de falantes: 4 millóns
Familia: Nilo-sahariana
 Sahariana
  Sahariana occidental
   Canuri
Códigos de lingua
ISO 639-1: kr
ISO 639-2: kau
ISO 639-3: varios
Kanuri languages map 001.png

A lingua canuri é un dialecto continuo falado por aproximadamente catro millóns de persoas en Nixeria, Níxer, Chad e Camerún, como tamén por pequenas minorías no sur de Libia e por unha diáspora en Sudán. Pertence ao sub-filo sahariano occidental das linguas nilóticas.

O canuri é unha lingua asociada cos imperios Kanem e Bornu, que dominaron a rexión do lago Chad durante mil anos. É hoxe falada principalmente nas terras baixas na bacía do Lago Chad. Foi unha lingua franca tradicional, mais recentemente o seu uso vén decaendo.

A maioría dos que a teñen como primeira lingua hoxe falan tamén o hausa ou o árabe. É utilizada en escolas primarias na Nixeria e no Níxer, sendo posible o seu estudo en nivel PhD.

Dialectos[editar | editar a fonte]

Ethnologue divide o canuri nas seguintes linguas, en canto que algúns lingüistas (Ex. Cyffer 1998) descríbenas como dialectos dunha única lingua:

  • Canuri Central
  • Canuri Manga
  • Canuri Tumari
  • Canembu

SIL considera o canuri unha Macrolingua ISO 639 que agrupa as tres primeiras, sendo o canembu outra lingua.

Escrita[editar | editar a fonte]

O canuri escribiuse co alfabeto ajami e árabe até o século XVII, especialmente en contextos de xustiza e relixiosos, desde os últimos catrocentos anos. [1] Máis recentemente vén sendo escrito no alfabeto latino nunha versión padronizada con base no dialecto maiduguri. A actual ortografía foi desenvolvida no inicio dos anos 70 e implementada en 1975 en Maiduguri, Nixeria.

Alfabeto[editar | editar a fonte]

A ortografía estándar foi desenvolvida pola Unidade de Investigación Canuri e polo Kanuri Language Board sobre comando do Visir Abba Sadiq da etnia bornu[2].

As letras utilizadas son: a b c d e ǝ f g h i j k l m n ny o p r ɍ s sh t u w y z[3]. Obsérvase a ausencia das letras latinas Q, W e X.

Fonoloxía[editar | editar a fonte]

O canuri presenta tres tons: alto, baixo e decrecente. Presenta un extenso sistema de enfraquecemento de consoantes - exemplo:, sa- "eles" + -buna "comeron" > za-wuna "eles comeron".

Gramática[editar | editar a fonte]

A secuencia básica das palabras nas oracións en canuri é Suxeito-Obxecto-Verbo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]
  2. Dictionary of the Kanuri language. Norbert Cyffer, John P. Hutchison, 1990. ISBN 90-6765-412-4]
  3. Conforme alfabeto kanuri —213-99 da República do Níxer (Chantal Enguehard - Université de Nantes) A letra ‘‘schwa’’ usada no kanuri é en Unicode U+01DD e non U+0259, en maiúscula Ǝ U+018E é non Ə U+018F.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Norbert Cyffer, We Learn Kanuri (book and 2 audio cassettes), ISBN 3-927620-01-7, Rüdiger Köppe Verlag: Köln 1993.
  • Norbert Cyffer, English-Kanuri Dictionary, ISBN 3-927620-44-0, Rüdiger Köppe Verlag: Köln 1994.
  • Norbert Cyffer, A Sketch of Kanuri. Rüdiger Köppe Verlag: Köln 1998.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikipedia
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua canuri.