Lingua algonquina
- Para a familia lingüística da cal o algonquino forma parte, vexa Linguas algonquinas.
| Algonquino (Anicinâbemowin) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Canadá | |
| Rexións: | Quebec e partes de Ontario | |
| Total de falantes: | 2.680[1] | |
| Familia: | Linguas álxicas Linguas algonquinas Linguas algonquinas centrais Lingua anishinaabe Algonquino |
|
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Ningún lado | |
| Regulado por: | Non está regulada | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | alg | |
| ISO 639-3: | alq | |
O algonquino é unha lingua do grupo algonquino que se fala en Canadá próxima ao Ojibwe, algúns lingüistas considéranno un dialecto diverxente desta lingua[2]. O algonquino ten unha morfoloxía polisintética complexa, organiza o verbo nunha serie de catro clases en torno a unha polaridade « animada / inanimada ». (Os verbos son transitivos ou intransitivos dependendo se as clases son inanimadas ou animadas). Outra orixinalidade desta lingua é o marcador « directo-inverso » que segue a terminación do verbo e que depende se a persoa que o utiliza é o suxeito ou o obxecto da acción.
Índice |
Distribución xeográfica [editar]
Fálase en 10 reservas e territorios indios do suroeste de Quebec e na zona de Maniwaki e Golden Lake en Ontario.
Falantes [editar]
Segundo o censo de 2006 había 2020 persoas que tiñan o algonquino como lingua materna, chegando a 2560 as persoas que podían manter unha conversación[3]. Non todos os falantes viven en reservas e hai que ter en conta que algúns definen a lingua que falan como amerindia ou lingua do grupo algonquino, polo que o número de falantes é superior ao censado.
En Quebec hai 2500 falantes (1880 como lingua materna):
- Reserva de Lac Simon: 880 algonquino, 100 francés, 10 francés-inglés e 10 outras
- Reserva de Pikogan: 290 algonquino, 65 francés e 65 francés-inglés
- Reserva de Kitigan: 370 algonquino, 375 inglés, 280 inglés-francés e 15 francés
- Reserva de Kitcisakik: 185 algonquino e 34 francés
- Reserva de Winneway: 35 algonquino, 110 inglés e 9 inglés-francés
- Reserva de Timiskaming: 30 algonquino, 245 inglés e 215 inglés- francés
- Reserva de Keobaowek: 20 algonquino, 207 inglés e 15 francés
- Reserva de Lac Rapide: 218 habitantes, non hai datos sobre o número de falantes.
- Territorio de Hunter's Point: 5 habitantes, non hai datos sobre o número de falantes
En Ontario hai 65 falantes:
- Reserva de Pikwakanagan: 45 algonquino, 340 inglés e 20 inglés-francés
Ensino [editar]
O algonquino estúdase como materia en prescolar e en primaria. Hai tamén cursos para adultos nalgunha das reservas.
Fonoloxía [editar]
Consoantes [editar]
| Bilabial | Alveolar | Postalveolar | Velar | Glotal | ||
|---|---|---|---|---|---|---|
| Oclusiva | sonora | b [b] | d [d] | g [g] | ||
| xorda | p [p] | t [t] | k [k] | |||
| aspirada | p [pʰ] | t [tʰ] | k [kʰ] | |||
| Africada | sonora | dj [ʤ] | ||||
| xorda | tc [ʧ] | |||||
| Fricativa | sonora | z [z] | j [ʒ] | |||
| xorda | s [s] | c [ʃ] | h [h] | |||
| Nasal | m [m] | n [n] | ||||
| Aproximante | w [w] | y [j] | ||||
Vogais [editar]
: curtas
|
: longas
|
Diptongos [editar]
-
- aw [aw]
- ay [aj]
- ew [ew]
- ey [ej]
- iw [iw]
- ow [ow]
Notas [editar]
- ↑ Estatísticas Canadá 2006(en inglés)
- ↑ Por exemplo Marianne Mithun en The languages of native North America Cambridge University Press, 2001
- ↑ http://www12.statcan.ca/francais/census06/analysis/aboriginal/tables/table24.htm#top Estatísticas do Canadá