Letingos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os letingos foron unha dinastía que reinou sobre os longobardos dende mediados do século V até o ano 547 aproximadamente, con sete reis.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os letingos tomaron o nome do seu fundador, Lethuoc ou Leti, e foron a primeira dinastía real longobarda; antes da súa afirmación os soberanos, segundo un costume xermánico e máis amplamente indoeuropeo, eran elixidos na asemblea do pobo en armas. O paso do trono de Lethuoc ao fillo Hilduoc representou un decisivo paso cara á estabilidade e a institucionalización da monarquía longobarda.

Baixo os soberanos da dinastía tivo lugar o treito final da grande migración que, entre o inicio da era cristiá e a primeira metade do século VI, conduciu os longobardos da patria ancestral (Escandinavia meridional) á Europa central, a través do curso medio do Danubio. A fase final deste proceso, guiado por soberanos como Tatto e Wacho, coincide cun decisivo aumento do poder dos longobardos, convertidos nunha potencia europea que trataba de igual a igual con francos, ostrogodos e bizantinos.

A sucesión entre os letingos era por regra de pais a fillos, pero tolerábanse a miúdo usurpacións: coa do 510 Wacho sucedeu ao seu tío Tatto, conservando porén o trono na familia; coa do 547, en cambio, convértese en rei un membro da liñaxe dos Gausos, Audoíno. O cambio non foi a través dun rexicidio (semella que o último dos letingos, Valtari, morreu aínda xove por causas naturais), senón por unha especie de paso do relevo cara aquel que ata a subida ao trono de Valtari, menor de idade, exercitara a rexencia.

A entronización de Audoíno lese os dereitos de outros membros dos letingos, aínda vivos, pero non impediu ao novo soberano impoñer unha nova dinastía. O "sangue" e o "carisma" dos letingos, con forte ascendencia sobre os longobardos, tería de todos xeitos volto ao trono, cando o pobo xa estaría establecido en Italia: a raíña Teodelinda, que no 589 caso co rei Autario, era de feito filla do duque de Baviera Garibaldo e de Waldrada, filla á súa vez do rei Wacho. A dinastía bávara, con orixe no irmán de Teodelinda (Gundoaldo duque de Asti) e que reinou durante gran parte do século VII, recibiu deste modo a herdanza dos letingos.

Soberanos[editar | editar a fonte]

Os sete soberanos dos Letingos foron:

Fontes[editar | editar a fonte]

  • Jörg Jarnut, Storia dei Longobardi (Torino, Einaudi 2002)
  • Sergio Rovagnati, I Longobardi (Milano, Xenia 2003)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]