Dinastía bávara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Bávaros (ou Axilolfingos) foron unha dinastía que reinou sobre os longobardos e Italia durante case todo o século VII, desde 616 a 712 (pero non de xeito ininterrompido), con oito reis.

Teodelinda nun fresco da familia Zavattari, 1444.

A dinastía Bávara proseguiu, a través dunha liña de sucesión feminina, a máis antiga dinastía dos Letingos. O que a iniciou foi o fillo nado do matrimonio entre Axilulfo e Teodelinda, Adaloaldo, que reinou entre o 616 e o 625 (pero as rédeas do poder ficaron nas mans da nai, mesmo despois do período de rexencia debido á minoría de idade do rei). Teodelinda era filla do duque bávaro Garibaldo e era por parte materna de ascendencia longobarda: a súa nai, Waldrada, era de feito filla de Wacho, rei dos longobardos entre o 510 e o 540. Do avó Teodelinda herdou tamén o carisma da dinastía dos Letingos, de forte ascendencia sobre o pobo longobardo.

A sucesión dinástica coñeceu dúas interrupcións: no 625, á morte de Adaloaldo, o trono pasou a Arioaldo da estirpe dos Caupu. Porén, a ligazón dinástica non foi rota do todo, xa que tanto Arioaldo como o seu sucesor, Rotario, casaron coa irmá de Adaloaldo, Gundeperga. O título real andou logo, por un breve período, ao fillo de Rotario e Gundeperga, Rodoaldo, para volver despois a un Bávaro: Ariperto I (653). Á súa morte, no 661, Grimoaldo deu botado aos sucesores de Ariperto, Godeperto e Perctarito, interrompendo novamente a sucesión dinástica que, con todo, recuperou no 671, cando Perctarito botou o fillo de Grimoaldo, Garibaldo. Desde aquela ata a morte de Ariperto II (712) o trono permaneceu como patrimonio da dinastía, mesmo se as sucesións foron a miúdo obstaculizadas por revoltas e por alteracións da orde pai-fillo.

Característica política constante da dinastía foi a proximidade coa Igrexa católica. No momento do ascenso de Teodelinda, o pobo longobardo estaba dividido entre católicos, pagáns, arianos e adeptos ao Cisma tricapitolino, mentres a masa da poboación de orixe latina era en gran parte católica[1]. A progresiva afirmación do catolicismo, favorita dos Bávaros, representaba ao tempo a miúdo un decisivo factor de cohesión social do reino de Italia e chegou ao cumio baixo o reinado de Cuniperto. Gran parte das abertas revoltas contra os soberanos da dinastía foron o reflexo da oposición das compoñentes arianas da nobreza longobarda, que ao factor relixioso unían tamén unha diversa prospectiva política: a escolla do catolicismo, de feito, implicaba unha substancial renuncia á expansión territorial cara os territorios italianos non suxeitos aos longobardos, por medio dunha paz co Imperio bizantino e o Papado. Non por casualidade, as interrupcións da sucesión dinástica con Rotario e Grimoaldo coincidiron cunha reanudación da expansión a costa dos bizantinos.

Os oito soberanos da dinastía Bávara foron:

Palabras relacionadas[editar | editar a fonte]

Fontes[editar | editar a fonte]

  • Jörg Jarnut, Storia dei Longobardi (Torino, Einaudi 2002).
  • Sergio Rovagnati, I Longobardi (Milano, Xenia 2003).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. agás nalgunhas dioceses, como Como ou Aquileia, onde a adhesión ao Cisma tricapitolino era masiva.

..