Teodelinda de Baviera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teodelinda nun fresco da familia Zavattari, 1444.

Teodelinda de Baviera, nada sobre o anos 573, foi unha princesa baiuvaria filla de Garibaldo, duque dos baiuvarios e de Waldrada, princesa longobarda, filla do rei Wacho.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Prometida ao rei franco merovinxio Khildeberto, fuxiu para Italia sobre o 588 e bótalle o ollo ao rei longobardo Autario, co que casa en Verona o 15 de maio de 589: por este matrimonio, convértese en raíña dos longobardos de Italia antes de quedar viúva menos de dezaseis meses máis tarde (5 de setembro de 590). Segundo un vello costume longobardo, a raíña viúva debe casar co sucesor do seu defunto esposo. Así, casa con Axilulfo, duque de Turín, proclamado rei en Milán polo seu pobo en maio de 591. Raíña católica, tivo unha grande influencia sobre Axilulfo e aconséllalle tratar con Roma, facer a paz coa Igrexa e o Papado, dirixido por Gregorio o Grande (598). Axilulfo remata por se converter á fe da súa raíña a bautiza ao seu fillo, o príncipe Adaloaldo, en 603. Viúva en 616, asume a rexencia do novo rei Adaloaldo e morre arredor do ano 627.

Teodelinda está na orixe da actual basílica de San Xoán Bautista de Monza (Lombardía), sé dun palacio real longobardo. Foi canonizada posteriormente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]