Autario
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe de Autario nas Crónicas de Nuremberg.
Autario ou Authari foi un rei longobardo de Italia que reinou de 584 a 590.
Traxectoria [editar]
Fillo do rei Cleph, non pode sucedelo á súa morte (574) e acede ao poder dez anos máis tarde, restablecendo a realeza longobarda despois dun período de anarquía no tanto que os longobardos deben facer fronte a incursións francas dirixidas polo rei Khildeberto II de Austrasia en resposta da chamada dos bizantinos. Authari adopta o nome tipicamente romano de Flavius, combate aos francos e aos bizantinos, somete ao ducado longobardo de Benevento e casa cunha princesa baiuvaria católica, Teodelinda de Baviera, en 589. Morre en setembro de 590, mentres está a buscar a paz cos francos.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
| Reino longobardo | ||
|---|---|---|
Segue a: Período dos duques |
Autario | Precede a: Axilulfo |