Lembit Lõhmus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLembit Lõhmus

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de setembro de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Tarvastu, Estonia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónTartu Art School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndecorador , gravador Editar o valor em Wikidata
Premios

Lembit Lõhmus, nado en Mustla, condado de Viljandi, o 25 de setembro de 1947, é un ilustrador e deseñador de moedas estoniano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de finalizar o seu ensino secundario, Lõhmus cursou estudos superiores de Arte entre 1969 e 1975, primeiro na Escola de Arte de Tartu e posteriormente na Universidade de Arte de Talín (actualmente Academia de Artes de Estonia).[1]

Logo do seu período formativo, entre 1975 e 1977 dirixiu a sección de Artes Aplicadas do Museo de Arte de Estonia.[1][2]

Nos anos seguintes exerceu como artista gráfico independente e como deseñador de interiores. Tamén é autor de máis de medio milleiro de mataselos e ex libris, e entre 1989 e 1992 foi o presidente do Club de Ex Libris de Talín.[1][2]

Os seus deseños foron obxecto de exposicións internacionais, tanto individuais como colectivas, en países como Letonia, Lituania, Alemaña, Moldavia, Finlandia, Dinamarca, Polonia e Austria.[1]

Lõhmus foi tamén o autor dos deseños de máis de 200 selos de correos,[3] primeiro para o servizo postal da Unión Soviética e despois para o de Estonia, así como para outros países. Ademais foi elixido polo Banco Central de Estonia para deseñar o anverso nacional común a toda a serie de moedas do euro, desde a dun céntimo ata a de dous euros, que comezaron a emitirse en 2002.[1][4][2]

Escolma de traballos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Lembit Lõhmus: Curriculum Vitae". Páxina persoal de Lembit Lõhmus (Lime.planet.ee)
  2. 2,0 2,1 2,2 Kolk, Tiina. (2017). "Tundmatu kunstnik, kelle töid teavad kõik". En Kultuur. 29 de setembro.
  3. Pärli, Merilin (2017) "Graafik Lembit Lõhmus: margikunst ei ole marginaalne!". En Kultuur. 22 de setembro.
  4. Serie de moedas deseñadas por Lembit Lõhmus. Numista.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]