Goberno de Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Navarra
Palacio de Navarra, sede da Presidencia do Goberno de Navarra.

O Goberno de Navarra ou Deputación Foral de Navarra (en castelán: Gobierno de Navarra; en éuscaro: Nafarroako Gobernua) é a institución de carácter executivo en que se organiza o autogoberno da Comunidade Foral de Navarra (España). Os seus poderes quedaron regulados no Amelloramento de 1982 no seu Capítulo III Art. do 23 ao 28.

A pesar da dobre denominación da institución, é a primeira a que se emprega actualmente, isto permite distinguila da antiga Deputación Provincial existente ata 1982 que tiña carácter de corporación local, mentres que esta ten carácter de órgano executivo.

O Amelloramento asígnalle a función executiva, regulamentaria e administrativa e a de velar especialmente pola defensa da integridade do réxime foral de Navarra, debendo dar conta ao Parlamento de Navarra de calquera contraforo que puidese producirse.

Así mesmo a figura do Presidente do Goberno de Navarra está establecido no Capítulo IV Art. 29 e 30, é elixido polo Parlamento de Navarra, designa e separa aos demais membros do Goberno e ostenta a máis alta representación da Comunidade Foral e a ordinaria do Estado en Navarra. Pode cesar se o Parlamento aproba unha moción de censura ou se lle denega a súa confianza.

Presidentes[editar | editar a fonte]

Desde as primeiras eleccións democráticas de 1979 houbo dous presidentes de UCD na Deputación Foral de Navarra. Posteriormente, o Goberno de Navarra tivo dous presidentes do PSN e tres de UPN. Actualmente a presidenta é de Geroa Bai.

Presidentes do Goberno de Navarra
(da Deputación Foral de Navarra ata 1984)
Inicio Fin Partido
Jaime Ignacio del Burgo Tajadura 1979 1980 UCD
Juan Manuel Arza Muñazuri 1980 1984 UCD
Jaime Ignacio del Burgo Tajadura 1984 1984 UCD
Gabriel Urralburu Tainta 1984 1991 PSN-PSOE
Juan Cruz Alli Aranguren 1991 1995 UPN
Javier Otano Cid 1995 1996 PSN-PSOE
Miguel Sanz Sesma 1996 2011 UPN
Yolanda Barcina Angulo 2011 2015 UPN
Uxue Barkos Berruezo 2015 2019 Geroa Bai
María Victoria Chivite Navascués 2019 No cargo PSN-PSOE

Departamentos[editar | editar a fonte]

Este é o organigrama do Goberno de Navarra tras a elección da nova presidenta en agosto de 2019.[1]

Departamentos do Goberno de Navarra
Presidenta do Goberno de Navarra: María Victoria Chivite Navascués
Consellería Titular Partido
Vicepresidencia Primeira
Consellería de Presidencia, Igualdade, Función Pública e Interior
Javier Remírez Apesteguía PSN-PSOE
Vicepresidencia Segunda
Consellería de Ordenación do Territorio, Vivenda, Paisaxe e Proxectos Estratéxicos
José María Aierdi Fernández de Barrena Geroa Bai
Consellería de Cohesión Territorial Bernardo Ciriza PSN-PSOE
Consellería de Economía e Facenda Elma Saiz Delgado PSN-PSOE
Consellería de Desenvolvemento Económico e Empresarial Manuel Ayerdi Olaizola Geroa Bai
Consellería de Políticas Migratorias e Xustiza Eduardo Santos Itoiz Podemos
Consellería de Educación Carlos Gimeno PSN-PSOE
Consellería de Universidade, Innovación e Transformación Dixital Juan Cruz Cigudosa PSN-PSOE
Consellería de Saúde Santos Induráin Orduna PSN-PSOE
Consellería de Desenvolvemento Rural e Medio Ambiente Itziar Gómez Geroa Bai
Consellería de Relacións Cidadás Ana Ollo Hualde Geroa Bai
Consellería de Cultura e Deporte Rebeca Esnaola PSN-PSOE
Consellería de Dereitos Sociais Mari Carmen Maeztu Villafranca PSN-PSOE

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]