Parlamento de Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edificio do Parlamento Foral de Navarra.

O Parlamento Foral de Navarra ou Cortes de Navarra (Nafarroako Parlamentua) é o órgano legislativo da Comunidade Foral de Navarra. O Parlamento foi creado polo "Amejoramiento" de 1982, supuxo a democratización das institucións existentes ata entón.

Historia[editar | editar a fonte]

Desde a súa creación e durante o franquismo, seguira existindo a Deputación Provincial de Navarra tal como foi definida na Lei de Modificación de Fueros de 1841, composta por sete deputados, elixidos por meiriñados.

Existía desde 1898 un órgano asesor en materias financeira e de administración municipal: o Consello Foral Administrativo. En 1978 UCD, para democratizar as institucións forais, propuxo que o Consello Foral estivese integrado por 119 conselleiros, 50 elixidos por sufraxio universal e 60 polos concellos, aos que se engadirían os cinco deputados ao Congreso e os catro senadores elixidos en Navarra. Exercería funcións normativas e elixiría aos membros da Deputación. Finalmente o "Amejoramiento" establece a institución do Parlamento ou Cortes de Navarra no artigo 10 e regúlao nos artigos do 11 ao 22.

É a institución lexislativa da Comunidade, os seus membros son elixidos por sufraxio universal, para un período de catro anos e non deben ser menos de 40 nin máis de 60 (actualmente son 50). Os parlamentarios contan con foro de inviolabilidade polos votos e opinións emitidos no desenvolvemento das súas funcións.

Funcións[editar | editar a fonte]

Sede[editar | editar a fonte]

O edificio do Parlamento atópase situado no rehabilitado edificio da Antiga Audiencia, Primeiro Ensanche, no Paseo de Sarasate de Pamplona. Anteriormente estivo situado no Palacio da Deputación Foral de Navarra, situado no mesmo paseo e enfrontado a este.

Composición[editar | editar a fonte]

O Parlamento está composto por 50 parlamentarios. Tralas eleccións do 27 de maio de 2007 quedou formado do seguinte xeito:

Presidentes[editar | editar a fonte]

O seu primeiro presidente foi Manuel de Irujo, histórico nacionalista vasco. O anterior foi Rafael Gurrea (UPN), e actualmente a presidenta para a lexislatura 2007-2011 é Elena Torres (PSN).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]