Unión Republicana (España 1934)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Unión Republicana foi un partido político español xurdido trala fusión, en setembro de 1934, de varios grupos radicais: o Partido Radical Demócrata de Diego Martínez Barrio, escindido o 16 de maio dese ano do Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux en protesta polo seu achegamento a CEDA; a Izquierda Radical-Socialista de Botella Asensi, escindida do Partido Republicano Radical Socialista; e o á dereita do propio Partido Radical Socialista, liderado por Félix Gordón Ordás.

En 1935 integrouse na Fronte Popular xunto cos socialistas, comunistas, Izquierda Republicana, nacionalistas e outros grupos progresistas.

Tralo triunfo frontepopulista nas eleccións de 1936, o líder da Unión Republicana, Martínez-Barrio, desempeñou interinamente a Presidencia da República trala destitución de Niceto Alcalá-Zamora, ata o nomeamento de Manuel Azaña.

Trala guerra, Unión Republicana converteuse, xunto con Izquierda Republicana, nunha das principais organizacións republicanas no exilio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]