Oymyakon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oymyakon (ou Oimekon) é unha localidade do Leste de Siberia (Rusia), xunto ó Río Indigirka, na República de Sakha, e ten cerca de 1.000 habitantes. É coñecida por ter o marca de temperatura máis baixa nunha localidade permanentemente habitada, co valor de -71,2ºC (-96ºF), que ocorreu en xaneiro de 1926.

Oymyakon sitúase a 63º 15' Norte de latitude e 143º 9' Este de lonxitude, cerca de 800 quilómetros ó leste de Yakutsk, unha das máis importantes cidades de Siberia.

A vida é extremadamente difícil. Os habitantes aliméntanse de carne de cabalo e reno. O curto período estival permite obter algúns vexetais, ausentes dos hábitos alimentarios durante todo o resto do ano.

Os transportes son igualmente dificultados polo feito de combustibles como o gasóleo se conxelaren a -50 °C (-58 °F).

A escola pecha cando as temperaturas se sitúan por baixo dos -52 °C. A tinta das estilográficas conxélase habitualmente, e todo o equipamento electrónico presenta un mal comportamento en función das diferentes reaccións de dilatación e contracción dos metais a temperaturas extremadamente baixas.

Climograma de Oymyakon.