XAMPP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
XAMPP
Desenvolvedor(es)Apache Friends
Última versión7.3.1
(21 de xaneiro de 2019)
Sistema operativoWindows, Mac OS X
Lingua/sVarias
Galego: OK
TipoServidor Web
LicenzaGNU
Sitio webhttps://www.apachefriends.org/pt_br/index.html XAMP en portugués

XAMPP é un servidor independente de plataforma, software libre, que consiste principalmente na base de datos MySQL, o servidor Web Apache e máis os intérpretes para linguaxes de script: PHP e Perl. O nome provén do acrónimo de X (para calquera dos diferentes sistemas operativos), Apache, MySQL, PHP, Perl. A partir da versión 5.6.15, XAMPP trocou a base de datos MySQL por MariaDB, un fork de MySQL con licenza GPL.

O programa está liberado baixo a licenza GNU e actúa como un servidor Web libre, doado de usar e capaz de interpretar páxinas dinámicas. Actualmente XAMPP está dispoñible para Microsoft Windows, GNU/Linux, Solaris, e Mac OS X.

Características e requisitos[editar | editar a fonte]

XAMPP so require descargar e executar un arquivo zip, tar, ou exe, cunhas pequenas configuracións nalgún dos seus compoñentes que o servidor Web necesitará. XAMPP actualízase regularmente para incorporar as últimas versións de Apache/MySQL/PHP e Perl. Tamén inclúe outros módulos como OpenSSL e phpMyAdmin. Para instalar XAMPP requírese unha pequena fracción do tempo necesario para descargar e configurar os programas por separado.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

Oficialmente, os deseñadores de XAMPP só pretendían o seu uso como unha ferramenta de desenvolvemento, para permitir aos deseñadores de sitios webs e programadores comprobar o seu traballo nos seus propios ordenadores sen ningún acceso a Internet. Na práctica, non obstante, XAMPP é utilizado actualmente para servidor de sitios Web e, con algunhas modificacións, é xeralmente o suficientemente seguro para iso. Co paquete inclúese unha ferramenta especial para protexer as partes máis importantes. É básico para un programador web.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]