Lótidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lótidos
Lotidae
Maruca Molva molva
Maruca Molva molva
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Osteichthyes
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Orde: Gadiformes
Familia: Lotidae
Bonaparte, 1832
Xéneros
  • Véxase o texto

Os lótidos (Lotidae) son unha familia de peixes osteíctios da orde dos gadiformes,[1] quer comprende especies case exclusivamente mariñas (só é dulciacuícola e especie Lota lota, que habita en ríos circumpolares do norte).[1]

Características[editar | editar a fonte]

De corpo alongado, teñen entre unha e tres aletas dorsais, pero só unha aleta anal, e sempre presentan barbelas no mento, de onde procede o nombre común de moitas das súas especies (barbadas).[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A taxonomía da familia é discutida, xa que algúns autores negan a súa existencia, incluíndo o grupo, como sunbfamilia lotinos (Lotinae) dentro da familia dos gádidos (Gadidae),[2] na que só inclúen tres xéneros:[3]

  • Brosme (Oken, 1817)
  • Lota (Oken, 1817)Lotas
  • Molva (Lesueur, 1819)Marucas e peixe pau

Mentres que, para outros, é unha familia independente, na que se consideran un total de 23 especies válidas, agrupadas en 6 xéneros:

ademais dos anteriormente citados.[4]

O SIIT inclúe a todos os xéneros na familia dos Gadidae:

  • Na subfamilia dos Lotinae aos xéneros:
    • Brosme
    • Lota
    • Molva, e
  • Na subfamilia dos Phycinae a:
    • Ciliata
    • Enchelyopus e
    • Gaidropsarus.[5]

En Galicia[editar | editar a fonte]

Nas augas costeiras galegas están citadas as seguintes especies:[6] [7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Nelson, Joseph S. (2006)
  2. Gadidae en SIIT (en castelán)
  3. Lotinae en SIIT (en castelán)
  4. Lotidae en FishBase (en inglés)
  5. Phycinae en SIIT (en castelán)
  6. Solórzano et al. (1988, pp. 28-29.)
  7. Rodríguez Villanueva et al. (1995), pp. 184-195.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lótidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lótidos

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]