Kosmos 321

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 321
Tipo Científico
Destino actual Reentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento 20 de xaneiro de 1970, 20:20 GMT[1][2][3][4][5]
Foguete portador Kosmos 2I[2][6]
Sitio de lanzamento Cosmódromo de Plesetsk[2]
Obxectivo da misión Estudo do polos magnéticos terrestres.[2]
Decaemento 23 de marzo de 1970[1]
NSSDC ID 1970-006A
Masa 400 kg[7]

Kosmos 321 (Космос 321 en ruso), tamén denominado DS-U2-MG Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 20 de xaneiro de 1970 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][6][8]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 321 foi o primeiro membro do modelo de satélites DS-U2-MG. Estaba adicado a facer observacións científicas dos polos magnéticos terrestres. Foi seguido polo Kosmos 356. Kosmos 321 foi inxectado nunha órbita inicial de 507 km de apoxeo e 280 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71 graos e un período de 92,1 minutos. Reentrou na atmosfera o 23 de marzo de 1970.[7][3][1]

Resultados[editar | editar a fonte]

Kosmos 321 estudou as subtormentas magnéticas do 4 de marzo de 1970 e do 8-10 de marzo dese mesmo ano. Estudou tamén os electrochorros, o efecto das correntes lonxitudinais magnetosféricas e ionosféricas, medindo ademais por primeira vez os efectos dun electrochorro ionosférico ecuatorial na ionosfera e a súa indución sobre a Terra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "COSMOS 321" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=4308. Consultado o 25 de setembro de 2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Cosmos 321" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1970-006A. Consultado o 25 de setembro de 2012.
  3. 3,0 3,1 (PDF) Letter dated 3 April 1970 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space. 14 de maio de 1970. pp. 2. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=905.
  4. (PDF) SPACECRAFT SCOREBOARD 1970 PART ONE. 16 de xullo de 1970. pp. 98. FLIGHT International. http://www.flightglobal.com/pdfarchive/view/1970/1970%20-%201322.html.
  5. "Kosmos 321" (en inglés). 2010. http://claudelafleur.qc.ca/Spacecrafts-1970.html#Kosmos-321. Consultado o 25 de setembro de 2012.
  6. 6,0 6,1 "DS-U2-MG" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/ds-u2-mg.htm. Consultado o 22 de setembro de 2012.
  7. 7,0 7,1 "DS-U2-MG" (en inglés). 2011. http://www.astronautix.com/craft/dsu2mg.htm. Consultado o 22 de setembro de 2012.
  8. (PDF) Han sido puestos en órbita los «Cosmos 321 y 322». 22 de xaneiro de 1970. pp. 22. LA VANGUARDIA ESPAÑOLA. http://hemeroteca.lavanguardia.es/preview/1970/01/22/pagina-22/39494900/pdf.html.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]