Kokoshca (banda)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kokoshca (banda)
Na rede
http://www.kokoshca.com/
Facebook: Kokoshca Twitter: uneteakokoshca Instagram: uneteakokoshca Bandcamp: kokoshca Spotify: 0FDO0siwgVeDs40rqwS2mK Discogs: 2465214 Editar o valor em Wikidata

Kokoshca é unha banda española de rock e pop formada en 2008.

Historia[editar | editar a fonte]

En 2008, Amaia Tirapu e Iñaki López fundaron Kokoshca en Pamplona. O seu nome procede da deformación fonética do pintor austríaco Oskar Kokoschka.

O seu primeiro álbum, inicialmente como dúo, Únete a Kokoshca, foi editado ese mesmo ano polo selo madrileño Birra y Perdiz, berce doutras bandas emerxentes do momento como Espanto, Antonna (líder de Los Punsetes) ou La Otra Gloria. Neste primeiro disco o músico Antonio Luque de Sr. Chinarro colaborou na canción Azul metal.

En 2009 o músico Javier Aznárez uniuse ao grupo e o ano seguinte editaron co mesmo selo o seu segundo álbum, La Fuerza.

A discográfica Elefant Records publicou o EP La Fuerza 7 en 2012. O sinxelo homónimo incluía un videoclip realizado polo videoartista Iker Insausti.

Javier Aznárez deixou a formación en 2013. Coa entrada de Álex López e Iñigo Andión, Kokoshca converteuse en cuarteto. Ese ano gravaron o seu terceiro disco, Hay una Luz, co selo Ayo SIlver. Tivo grande acollida na prensa especializada e destacou na lista dos mellores discos do ano[1] en medios como Jenesaispop ou Rockdelux entre outros.[2][3] O sinxelo de adianto, Directo a tu corazón, viña acompañado dun videoclip realizado polo cineasta Víctor Iriarte. Esta canción foi o número 2 de cancións nacionais do ano seleccionada polo público lector para a revista Rockdelux. Neste disco destaca a colaboración que fai El Drogas, o cantante de Barricada, no último corte do álbum, «Las flores del fin del mundo».[4]

En 2016 asinaron co selo madrileño Sonido Muchacho, casa de músicos como Carolina Durante ou Hinds. Kokoshca editou o sinxelo de vinilo de 7” titulado Corazón Caliente / Corazón de Hielo. Con este traballo iniciaron unha xira internacional e participaron no Latin Alternative Music Festival de Nova York con outras bandas españolas como Joe Crepúsculo ou Izal.[5]

Ese mesmo ano publicaron o seu cuarto álbum, Algo Real, con moi boa acollida na prensa musical e destacado na lista dos mellores do ano por varias publicacións especializadas.[6][7][8] A revista Hipersónica destacou Algo real co posto 4 dos mellores discos da década de 2010.[9] Con este traballo Kokoshca foi finalista dos Premios Ruido organizado por Periodistas Asociados de Música, que destacan os mellores álbums musicais producidos en España. Tres das cancións do disco, «Mi Consentido», «No mires hacia atrás» e «No volveré», apareceron na banda sonora da serie de televisión Fariña.[10][11]

En 2018 publicaron El Mal, o seu quinto álbum. Foi gravado en Garate Studios por Kaki Arkarazo, músico de grupos como Kortatu ou Negu Gorriak e produtor de artistas como Amparo Sánchez (Amparanoia), Soziedad Alcohólika ou Manta Ray, entre outros. El Mal foi seleccionado pola revista Hipersónica como o mellor álbum do ano e foi destacado na lista do mellor do ano polos medios especializados.[12][13]

Ese ano empezaron unha xira pola Arxentina[14] que os leva a compartir actuacións con outros artistas de música alternativa do país, como Las Ligas Menores ou 107 Faunos.

En 2019 presentaron nas plataformas dixitais o seu sinxelo con Sonido Muchacho «Amor Adolescente / Cumpleaños Feliz».[15] Ese ano Amaia Tirapu colaborou xunto a Los Planetas cantando a canción Espíritu Olímpico no concerto que o grupo granadino realizou no Sacromonte.[16]

En maio de 2021 publicaron o seu sexto disco, KOKOSHCA, finalista, unha vez máis, dos Premios Ruido. Un dos singles «ASIA (Canción para Iñaki Ochoa de Olza)», dedicado á memoria do montañeiro navarro finado no Annapurna, foi seleccionado pola Cadena Ser como a terceira mellor canción do ano.[17] Outro dos seus adiantos, «Regresando a la ciudad» foi a terceira mellor canción do ano para Rockdelux.[18]

O álbum KOKOSHCA destacou entre os mellores do ano para a prensa musical española. O disco homónimo aparece nas listas do mellor do ano que elaboran Rockdelux, Mondosonoro, ABC Hipersónica ou Dod magazine, entre outros medios especializados. Foi finalista dos Premios da Música Independente (Premios MIN) como mellor álbum de rock.

Membros[editar | editar a fonte]

  • Iñaki López, voz, guitarra.
  • Amaia Tirapu, voz, guitarra.
  • Iñigo Andión, baixo, coros.
  • Álex López, batería.

Membros pasados[editar | editar a fonte]

  • Javier Aznárez, batería e voces (2009-2013).

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

  • 2008: Únete a Kokoshca CD (Birra y Perdiz)
  • 2010: La Fuerza" CD (Birra y Perdiz)
  • 2012: La Fuerza 7" EP (Elefant Records)
  • 2013: Hay una luz LP (Ayo Silver)
  • 2016: Algo Real LP (Sonido Muchacho)
  • 2018: El Mal LP (Sonido Muchacho)
  • 2021: "KOKOSHCA" LP (Sonido Muchacho)

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • 2012: Kokoshca/Microcosmos 7" (Discos Walden)
  • 2016: Corazón Caliente/Corazón de Hielo 7" (Sonido Muchacho)
  • 2019: Amor Adolescente / Cumpleaños Feliz DIGITAL (Sonido Muchacho)

Disco en Directo[editar | editar a fonte]

  • 2011: Gernika CD (Kafea Arrastroak)

Outros[editar | editar a fonte]

  • 2010: Y Vienen cromos en el pegamento (Las rarezas de Kokoshca). CASSETTE (Nosotros los Rusos)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mellores discos 2013" (en castelán). 10 de decembro de 2013. Consultado o 3 de abril de 2020. 
  2. "Kokoshca / Hay una luz" (en castelán). 17 de outubro de 2013. Consultado o 3 de abril de 2020. 
  3. "Kokoshca. "Hay una luz". ROCKDELUX (2013)" (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2020. 
  4. "El Drogas canta para Kokoshca" (en castelán). 17 de xuño de 2013. Consultado o 3 de abril de 2020. 
  5. "Izal y Joe Crepúsculo actuarán en el Latin Alternative (LAMC) de Nueva York". elDiario.es (en castelán) (Madrid). EFE. 29 de xuño de 2016. Consultado o 3 de agosto de 2022. 
  6. "Kokoshca / Algo real" (en castelán). 15 de novembro de 2016. Consultado o 3 de abril de 2020. 
  7. Spain, ROCKDELUX, Barcelona. "Kokoshca. Sentimiento de pertenencia. ROCKDELUX (2017)" (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2020. 
  8. "Los mejores discos de 2016" (en castelán). 20 de decembro de 2016. Consultado o 3 de abril de 2020. 
  9. probertoj (13 de decembro de 2019). "Los 51 mejores discos españoles de la década (II) - Listas" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 3 de abril de 2020. 
  10. "Kokoshca: "No mires hacia atrás"" (en castelán). 25 de abril de 2018. Consultado o 3 de abril de 2020. 
  11. "Kokoshca: “No volveré”" (en castelán). 8 de marzo de 2018. Consultado o 3 de abril de 2020. 
  12. "Kokoshca, crítica del disco El Mal en Mondo Sonoro (2018)" (en castelán). 29 de outubro de 2018. Consultado o 3 de abril de 2020. 
  13. "Kokoshca / El mal" (en castelán). 12 de novembro de 2018. Consultado o 3 de abril de 2020. 
  14. "Kokoshca de gira por Argentina – Sonido Muchacho" (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2020. 
  15. "Kokoshca vuelven con “Cumpleaños Feliz” y “Amor Adolescente”" (en castelán). 4 de novembro de 2019. Consultado o 3 de abril de 2020. 
  16. MZK, Redacción (28 de marzo de 2020). "Los Planetas comparten su concierto en el Sacromonte" (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2020. 
  17. Renedo Sánchez, Íñigo; Muñoz Barrero, Elisa; González Cano, Carlos (30 de decembro de 2021). "Las mejores canciones españolas de 2021". Cadena Ser (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2022. 
  18. "2021 / Canciones nacionales". Consultado o 2 de xaneiro de 2022.