Guerra da Crimea
A Guerra de Crimea foi un conflito bélico entre o Imperio Ruso dirixido polos Romanov e a alianza do Reino Unido, Francia, o Imperio Otomán (ao que apoiaban para evitar o seu afundimento e o excesivo crecemento de Rusia) e o Reino de Piemonte e Sardeña, que se desenvolveu entre 1854 a 1856. A maior parte do conflito tivo lugar na península de Crimea no mar Negro.
Antecedentes[editar]
Baixo tratados negociados durante o século XVIII, Francia era o gardián dos Católicos Romanos no Imperio Otomán, mentres que Rusia era o protector dos Cristiáns Ortodoxos. Por varios anos, os monxes católicos e ortodoxos disputáronse a posesión da Igrexa da Natividade e a Igrexa do Santo Sepulcro, en Palestina. Durante os anos 1850, ambos lados presentaron demandas que o Sultán non podía satisfacer simultaneamente. En 1853, o Sultán inclinouse a favor francés, a pesar das vehementes protestas dos monxes ortodoxos locais.
O Tsar ruso, Nicolás I, enviou un diplomático, o Príncipe Menshikov, nunha misión especial ao goberno turco. Por tratados previos, o Sultán, Abd-ul-Mejid I, estaba comprometido a "defender a Relixión e Igrexa Cristiá", pero Menshikov intentou negociar un novo tratado, polo cal Rusia podería intervir cando considerara a protección do Sultán inadecuada. Ao mesmo tempo, o goberno británico enviou un emisario, quen coñeceu as demandas de Menshikov ao chegar. Mediante a diplomacia, Lord Starford convenceu ao Sultán para rexeitar o tratado, o cal comprometía a independencia dos cidadáns turcos. Pouco despois de saber do fracaso do seu negociador, o tsar enviou o seu exército a Moldavia e a Valaquia, territorios otomanos nos que Rusia era coñecida coma unha gardiá da Igrexa Ortodoxa, empregando coma escusa a falta de solucións por parte do Sultán para protexer os lugares Sagrados. Nicolás I pensou que as potencias europeas non se opoñerían á anexión realizada, especialmente porque Rusia axudou a sufocar as Revolucións de 1848.
Cando o Tsar enviou as súas tropas a Moldavia e Valaquia, o Reino Unido, buscando protexer a seguridade do Imperio Otomano, enviou unha flota cara os Dardanelos, onde se lle uniu unha flota francesa. Mentres tanto, as potencias europeas agardaban unha solución diplomática. Os representantes das catro grandes potencias neutrais -Reino Unido, Francia, Austria e Prusia-, reuníronse en Viena, onde elaboraron unha proposta que agardaban fora aceptable para Rusia e o Imperio Otomano. A proposta contou co apoio do Tsar Nicolás. Sen embargo foi rexeitada polo Sultán Abd-ul-Mejid I, quen sentiu que a maneira de redacción do documento permitía diferentes interpretacións. Reino Unido, Francia e Austria estaban unidos propoñendo modificacións para satisfacer ao Sultán, pero as súas suxestións foron ignoradas na Corte de San Petersburgo. O Reino Unido e Francia abandonaron a idea de continuar negociando, pero Austria e Prusia non crían que o rexeitamento xustificara cesar as negociacións.
Desenvolvemento[editar]
O Sultán dirixiuse á guerra; os seus exércitos atacaron aos exércitos rusos cerca do río Danubio. Nicolau I respondeu enviando naves de guerra, que destruíron a flota otomana en Sinop, o 30 de novembro de 1853, facendo posible para Rusia desembarcar e abastecer o seu exército nas costas turcas sen inconvenientes. A destrución da flota turca e a ameaza dunha expansión rusa alarmou a Francia e Reino Unido, que acudiron en defensa do Imperio Otomano. En 1854, despois de que Rusia ignorara o ultimato anglo-francés para retirarse do Danubio, o Reino Unido e Francia declararon a guerra.
Nicolás I asumiu que Austria, correspondendo á axuda presentada durante as revolucións de 1848, estaría do seu lado, ou que polo menos sería neutral. Non obstante, Austria sentiuse ameazada polas tropas rusas nos Principados do Danubio. Cando o Reino Unido e Francia reclamaron que Rusia retirara as súas tropas dos Principados, Austria apoiounas, e, a pesar de que non lle declarou a guerra a Rusia inmediatamente, negouse a garantir a súa neutralidade. Cando, no verán de 1854, Austria fixo unha nova demanda para o retiro das tropas, Rusia aceptou.
O 10 de abril de 1854 a flota franco-británica bombardea Odesa e intenta facer un desembarco.
O 25 de outubro de 1854 ten lugar a famosa batalla de Balaclava.
En 1855 Sebastopol cae en mans das tropas franco-británicas.
O 30 de marzo de 1856 fírmase en París o tratado que pon fin ao conflito.
Consecuencias[editar]
- Fin do espírito do Congreso de Viena.
- Rómpense as relacións que había entre as potencias, xa que Viena cede a "custodia" de Europa a Francia.
- Desaparece a hexemonía entre as potencias.
- Supervivencia artificial do Imperio otomano (turco).
- "Balcanización dos Balcáns". Significa que os conflitos que se orixinan despois da guerra xurdirán por reivindicacións dos pobos balcánicos, aos que se incorporarán as demais nacións segundo os seus intereses.
A guerra termina en 1855 co Congreso de París, de onde saiu un goberno conxunto e relativamente autónomo para Moldavia e Valaquia; o Tsar renunciou á protección dos ortodoxos e estableceuse a neutralidade do mar Negro (prohibición de manter nesta zona navíos de guerra).