Klaxons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Klaxons
Klaxon mg 6541.jpg
Orixe Londres, Reino Unido Flag of the United Kingdom.svg
Período 2005 - actualidade
Xénero(s) indie pop, indie rock, new ravel, dance punk, post punk revival
Selo(s) discográfico(s) Angular Recording Corporation
Membros Jamie Reynolds
James Righton
Simon Taylor-Davis
Nikolai Fraitur
Steffan Halperin
Na rede
http://www.klaxons.net/

Klaxons é unha banda de música inglesa do estilo new rave.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Malia seren etiquetados de "banda londinense", os tres membros orixinais proveñen doutras provincias do Reino Unido, como Stratford-Upon-Avon (James Righton e Simon Taylor Davis, quen tamén foran xuntos á escola) e Bournemouth (Jamie Reynolds).

O álbum de estrea da banda, Myths of the Near Future, lanzouse o 29 de xaneiro de 2007 e tralo lanzamento do single Golden Skans o 22 de xaneiro do mesmo ano. O álbum foi producido por James Ford, de Simian Mobile Disco.

Klaxons encabezou o Tour Indie Rave de NME que comezou en febreiro de 2007. A banda acaba de rematar un tour de grande éxito na taquilla por América para despois continuar no Reino Unido durante maio de 2007. Regresaron no verán para realizar un número de festivais ingleses e irlandeses como Glastonbury, T in the Park, Oxegen, O2 Wireless Festival e os Festivais de Reading e Leeds.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Klaxons

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]