Ken Follett
| Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos, etc, contidos neste artigo, deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Ken Follett, nado o 5 de xuño de 1949, é un escritor galés, autor de thrillers e novelas históricas. As vendas das súas obras superan os 100 millóns de copias, o cal o converte nunha das figuras máis importantes da literatura contemporánea.
Índice |
Traxectoria [editar]
Naceu en Cardiff, mais ós dez anos a súa familia trasladouse a Londres. En 1967 foi admitido no University College of London, onde estudou Filosofía e entrou en contacto con movementos de esquerdas, espertándose así o seu interese pola política.
Casou por primeira vez en 1968, ano en que naceu o seu fillo maior. Tras un posgrao en xornalismo comezou a súa carreira como reporteiro en modestos xornais galeses. Co tempo abandonaría o xornalismo polo mundo da edición, como director da pequena editorial londinense Everest Books (1970).
Foi neste momento cando comezou a escribir, como unha afección para o seu tempo de lecer. Con O Burato da Agulla, publicada en 1978 chegaría para o autor o éxito e o recoñecemento internacional.
Sería tamén nestes derradeiros anos da década dos 70, e nos primeiros 80, cando se uniu de xeito máis estreito co Partido Laborista británico. A súa segunda muller é hoxe deputada desta formación no parlamento británico.
Obra [editar]
Tras O Burato da Agulla e o éxito acadado con esta obra, Follett comezaría a centrarse no xénero da espionaxe e a intriga, libros de lectura áxil e rápida, como O Triángulo, A chave de Rebeca, O Val dos Leóns, O Home de San PeterBurgo, Unha Fortuna Perigosa, O Vóo da Aguia e O Terceiro Xemelgo.
Porén, a súa obra máis imporante e un dos best-sellers máis importantes de finais do século XX e comezos do XXI é Os Piares da Terra (1989), no se afasta do xénero predominante no autor. Os Piares é unha novela histórica ambientada na Idade Media, e iría acadando o exito paseniñamente o longo da década dos 90.
En 2007 presentou a segunda parte, Un Mundo sen Fin.
Listaxe [editar]
A súa obra completa é a seguinte:
- 1974 – The Big Needle e The Big Black baixo o pseudónimo de 'Symon Myles'.
- 1975 – The Big Hit por 'Symon Myles' e The Shakeout por Ken Follett.
- 1976 – O Escándalo Modigliani/Modigliani Scandal por 'Zachary Stone'; The Mystery Hideout por Ken Follett; The Power Twins por 'Martin Martinsen' e Amok: King of Legend por 'Bernard L. Ross'.
- 1977 – Paper Money por 'Zachary Stone'.
- 1978 – Capricorn One por 'Bernard L. Ross' e O Burato da Agulla/ Eye of the Needle por Ken Follett.
- 1979 – Triángulo/Triple.
- 1980 – A Chave de Rebeca/The Key to Rebecca.
- 1982 – O Home de San Petersburgo/The Man from St. Petersburg.
- 1983 – O Vóo da Águia/On Wings of Eagles.
- 1986 – O Val dos Leóns/Lie Down with Lions
- 1989 – Os Piares da Terra/The Pillars of the Earth.
- 1991 – Noite Sobre as Augas/Night Over Water.
- 1993 – Unha Fortuna Perigosa/A Dangerous Fortune.
- 1995 – Un lugar Chamado Liberdade/A Place Called Freedom.
- 1996 – O Terceiro Xemelgo/The Third Twin.
- 1998 – O Martelo de Eden/The Hammer of Eden.
- 2000 – Código Zero/Code to Zero.
- 2001 – Jackdaws Axentes Especiais/Jackdaws.
- 2002 – O Vóo da Véspora/Hornet Flight.
- 2004 – Tempo pechado/Whiteout.
- 2007 – Un Mundo Sen Fin/World Without End.