Keira Knightley
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Keira Christina Knightley, (Teddington, Middlesex, Londres, Inglaterra; 26 de marzo de 1985); actriz británica.
É a filla do actor de teatro Will Knightley e da escritora Sharman MacDonald. Sufriu dislexia de nena, que superou relativamente pronto. Ten un irmán maior músico, chamado Caleb.
Keira apareceu en programas de televisión desde que tiña 6 anos, dando o salto ao cine co personaxe de Natasha Jordan na película A Village Affair de Moira Armstrong.
A súa primeira aparición en Hollywood foi interpretando a Sabé, a encargada de suplantar á raíña Padmé Naberrie Amidala en Star Wars: Episode I - The Phantom Menace de George Lucas.
Knightley deuse a coñecer grazas ó seu papel coprotagonista na exitosa comedia social británica Bend It Like Beckham , no ano 2002 e saltou definitivamente á fama ó participar en 2003 en Pirates of the Caribbean: The Curse of the Black Pearl de Gore Verbinski, no papel de Elizabeth Swann.
Recibiu unha nominación ó Oscar á Mellor Actriz en 2006 polo seu papel de Elizabeth Bennett na adaptación cinematográfica da novela do século XVIII de Jane Austen Pride & Prejudice (Orgullo e prezuízo).
Participou e protagonizado películas como Love Actually (2003), King Arthur (2004), Domino (2005) ou The jacket (2005), ademais da exitosa saga de Disney, Pirates of the Caribbean.
Vive en Mayfair, no centro de Londres. É parella do actor inglés Rupert Friend, a quen coñeceu durante a rodaxe de Pride & Prejudice.
Desde 2007 é a nova imaxe de Chanel.
Índice |
[editar] Filmografía
- 2008
- 2007
- 2006 - Pirates of the Caribbean: Dead Man's Chest
- 2005
- 2004 - King Arthur
- 2003
- 2002
- 2001 - The Hole
- 2000 - La princesa de Sherwood
- 1999 - Star Wars: Episode I - The Phantom Menace
- 1995 - Innocent Lies
- 1994 - A Village Affair
[editar] Premios
[editar] Oscars
| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2005 | Oscar á mellor actriz | Pride & Prejudice | Nominada |
[editar] Globos de Ouro
| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2005 | Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical | Pride & Prejudice | Nominada |