Vršac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de Vršac

Vršac (en serbio cirílico: Вршац, húngaro: Versec, Versecz, alemán: Werschetz, romanés: Vârşeţ, turco: Virsac) é unha localidade e municipio situados na Provincia Autónoma de Voivodina, en Serbia. En 2002 a súa poboación era de 40.000 habitantes, sendo de 54.369 a do municipio.[1] Vršac atópase na rexión histórica do Banato, no distrito de Banat do Sur.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Panorámica.

O nome de Vršac é de orixe serbia; derívase da palabra eslava Vrh, que significa "cumio".[2] En Serbia, a cidade é coñecida como Вршац ou Vršac, en romanés como Vârşeţ, en húngaro, como Versec, en alemán como Werschetz, e en turco como Virsac.

Historia[editar | editar a fonte]

Vršac, nun selo de correos iugoslavo de 1981.
Catedral de San Xerardo, Bispo e Mártir da Igrexa católica.

Desde a antigüidade, a zona sobre a que se asenta Vršac foi poboada por celtas, dacios, romanos e sármatas, para ser habitada sobre o século VII polos eslavos e un século máis tarde os húngaros.

O primeiro documento escrito sobre Vr?ac remóntase a principios do século XIV. Desde esa época, sobre a cidade gobernaron indistintamente reis serbios e húngaros. Aínda que se mantivo baixo o Reino de Hungría, chegou a ser conquistada polos turcos, que foron expulsados en 1716.[3] Porén, a composición étnica da cidade variou substancialmente, coa chegada masiva de serbios que fuxían da represión turca no sur. Tras o colapso otomán, e como parte do Banato (dende 1849 Voivodato de Serbia e Banato de Timişoara), mantívose baixo o Imperio austrohúngaro até a Primeira Guerra Mundial (1914-1918), en que quedou integrada no Reino de Iugoslavia dentro do Banato serbio. Ao final da Segunda Guerra Mundial produciuse un éxodo da poboación alemá, tras a derrota da Alemaña nazi e a chegada do comunismo. Xa como parte da provincia serbia de Voivodina mantívose até os nosos días.

Economía[editar | editar a fonte]

Vršac ten unha industria bastante desenvolvida en comparación coa media do país. Está dedicada principalmente a produtos farmacéuticos, alimentarios e téxtiles. A compañía farmacéutica máis importante de Serbia, o Grupo Hemofarm, está establecida na cidade.[4]

Vršac, situada na fértil Chaira Panónica é tamén considerado un dos centros agrícolas máis importantes da rexión de Banat do Sur, que é tamén a parte sur da provincia de Voivodina, situada nunha zona dunhas 54.000 ha de terra cultivable e moi fértil. Existe unha importante porcentaxe de poboación dedicado a actividades relacionadas coa agricultura.

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2002, o último realizado en Serbia, os 54.369 habitantes de Vršac estaban étnicamente repartidos así:

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A torre de Vršac, que domina a cidade desde o alto dun outeiro.
O Millennium Center, palacio de deportes da cidade.
Mosteiro de Mesiš, do século XV.
  • Torre de Vršac: é o símbolo da cidade. A Vršačka kula data do século XV. É o último vestixio dunha antiga fortaleza medieval.
  • Mosteiros: existen dous mosteiros ortodoxos no municipio, o Mosteiro de Mesić, do século XV, e o Mosteiro de Središche, que é unha construción máis moderna.
  • Adegas: o municipio de Vršac é unha fértil rexión vinícola, onde se producen os viños Tinto Vržole e Branco Vržole, grazas aos cales se desenvolveu un incipiente turismo vinícola.[5]

Transportes[editar | editar a fonte]

Vržac, situada a 84 km de Belgrado, é lugar de paso da Ruta europea E70, que une a capital serbia con Timisoara e o sur de Romanía (a fronteira atópase a só 12 km), e tamén da liña de ferrocarril que une estas dúas cidades.

A cidade tamén é sede do Aeroporto Internacional de Vršac]], un do catro aeródromos internacionais do país, e que tamén é sede da Academia de voo Jat Airways, un dos máis recoñecidos centros de formación de pilotos de Europa.[6] A compañía de bandeira nacional, Jat Airways, opera desde Vršac voos a 28 cidades de toda Europa.

Deportes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: KK Hemofarm.
Véxase tamén: Millennium Center.

A cidade de Vršac é sede dun dos equipos de baloncesto punteiros da liga serbia, a Naša Sinalko Liga, e da Liga do Adriático o KK Hemofarm, que xoga os seus encontros como local no Millennium Center, inaugurado en 2002 e que tamén foi unha das sedes do Eurobasket 2005. Tamén albergará encontros do Campionato Europeo de Balonmán Masculino de 2012, a celebrar en Serbia.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Persoeiros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]