Kętrzyn
| Kętrzyn | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Voivodato: | Varmia e Masuria |
| Condado: | Condado de Kętrzyn |
| Xeografía | |
| Altitude: | msnm |
| Superficie: | 10,34 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 28.351 hab. (2004) |
| Densidade de poboación: | 2.700 hab./km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | 11-400 |
| Alcalde: | Krzysztof Hećman |
| Sitio na web: | www.ketrzyn.pl |
Kętrzyn (/ˈkɛntʂɨn/), en alemán Rastenburg e antigamente en polaco Rastembork, é un municipio do noroeste de Polonia que en 2004 tiña unha poboación de 28.351 habitantes. Actualmente pertence ao voivodato de Varmia e Masuria, mais entre 1975 e 1998 foi parte do de Olsztyn. É a capital do condado de Kętrzyn, e recibiu o seu nome en 1950 do historiador Wojciech Kętrzyński.
Índice |
Historia [editar]
Os poboadores orixinais da rexión foron a tribo báltica dos aesti, mencionados polo historiador romano Tácito na súa obra Xermania. A vila, coñecida en alemán como Rastenburg e en polaco como Rastembork, foi establecida en 1329 no Estado da Orde Teutónica e lle foron recoñecidos os dereitos de vila en 1357.
En 1914, durante a primeira guerra mundial, foi escenario da batalla dos lagos de Masuria durante a campaña de Tannenberg. Durante a segunda guerra mundial foi o lugar onde Adolf Hitler tivo os seus cuarteis militares, chamados Wolfsschanze, e que estaban localizados nun bosque ao leste da poboación. En 1945 a zona foi devastada polos alemáns en retirada e polo avance dos soviéticos na campaña de Vistula-Oder. A vila foi ocupada polo Exército Vermello en 1945 perto do fin da guerra. Logo da guerra, pasou a pertencer a Polonia, como foi acordado na Conferencia de Potsdam. Os residentes alemáns que non foran evacuados foron expulsados e remprazados por polacos. A vila foi renomeada como Rastembork en 1945, e máis adiante, en 1950, cambiou novamente o seu nome polo actual, Kętrzyn.
Persoas vencelladas a Kętrzyn [editar]
Galería [editar]
-
Igrexa de San Xurxo
-
Monumento a Wojciech Kętrzyński
Cidades irmandadas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Provinz Ostpreußen (en alemán)
- Páxina do concello (en polaco)