Julio Gallego Moure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulio Gallego Moure
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Lourido Grande, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Samos
2007 – 2023 – María Xesús López López → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Samos Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJulio Gallego Losada Editar o valor em Wikidata

Julio Gallego Moure, nado en Lourido Grande (Renche, Samos) en 1962, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Julio Gallego Losada, que foi alcalde de Samos en 1983, é empresario gandeiro. Encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Samos nas eleccións municipais de 2003 e foi elixido concelleiro. Nas municipais de 2007 volveu ser cabeza de lista do PSdeG e foi elixido alcalde co apoio dos dous concelleiros de TEGA e do concelleiro do Partido Galeguista,[1] formando un goberno de coalición con ambas formacións. Nas eleccións municipais de 2011 integrou nas listas do PSdeG a edís de TEGA e PG e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2015 e 2019 acadou de novo a alcaldía con maioría absoluta.

En febreiro de 2023 anunciou que se retiraba da política ó final do mandato e que apoiaría ó seu fillo Miguel Gallego como candidato á alcaldía polo PPdeG. En consecuencia foi expulsado do PSdeG.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Carlos Belón Ares
 
Alcalde de Samos
 
2007 - 2023
Sucesor:
Chus López