Juan Ignacio Zoido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Ignacio Zoido

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1957 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Montellano, España Editar o valor em Wikidata
Eurodeputado
Representa: Partido Popular

2 de xullo de 2019 –

Circunscrición electoral: España

Ministro do Interior de España
4 de novembro de 2016 – 7 de xuño de 2018
← Jorge Fernández DíazFernando GrandecMarlasca →
Deputado no Congreso dos Deputados
12 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019

Circunscrición electoral: Sevilla

Deputado no Congreso dos Deputados
2 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Sevilla

Presidente Partido Popular Andaluz
14 de xullo de 2012 – 1 de marzo de 2014
← Javier Arenas BocanegraJuan Manuel Moreno →
Presidente Federación Española de Municipios e Provincias
11 de xuño de 2011 – 23 de xullo de 2012
← Pedro Castro Vázquez (en) TraducirÍñigo de la Serna →
Alcalde de Sevilla
11 de xuño de 2011 – 13 de xuño de 2015
← Alfredo Sánchez MonteseirínJuan Espadas Cejas →
Deputado do Parlamento de Andalucía
9 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2014
Circunscrición electoral: Sevilla
Concelleiro do concello de Sevilla
16 de xuño de 2007 – 4 de novembro de 2016
Q47132543 Traducir
2 de agosto de 2002 – 17 de abril de 2004
← José Torres HurtadoJosé Antonio Viera Chacón (en) Traducir →
Q47149673 Traducir
27 de abril de 2000 – 2 de agosto de 2002
← Carlos Moro Moreno (en) TraducirMaría Encarnación Naharro de Mora → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Almeria (pt) Traducir
Universidade de Sevilla Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Sevilla Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , xuíz , avogado Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Twitter: zoidoJI Dialnet: 3013780 Editar o valor em Wikidata

Juan Ignacio Zoido Álvarez, nado en Montellano, Sevilla o 21 de xaneiro de 1957 é un político español do Partido Popular, alcalde de Sevilla entre 2011 e 2015, parlamentario andaluz e presidente do PP de Andalucía entre 2012 e 2014. Foi ministro do Interior entre 2016 e 2018.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

A súa traxectoria profesional comeza en 1983 como xuíz de Ascenso destinado no Xulgado de Distrito de Arrecife de Lanzarote (Las Palmas). Un ano despois, é promovido a xuíz de Ascenso e destinado ao xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Utrera (Sevilla). En 1987 accede á condición de Maxistrado, iniciando a súa nova etapa profesional no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número Tres de La Laguna (Tenerife). Regresa a Andalucía en 1987, por concurso de traslado, destinado ao Xulgado de Primeira Instancia nº Sete (Familia) de Sevilla. Ao crearse en Sevilla os Xulgados do Penal, por Real Decreto do 17 de novembro de 1989, pasou a ocuparse do Xulgado nº Sete. O 23 de outubro de 1992 é nomeado Xuíz Decano dos Xulgados de Sevilla elixido na Xunta Xeral de Xuíces. Pasa a ser membro da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía e, até 1996, director xeral de Relacións coa Administración de Xustiza.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

O 24 de maio de 1996, Juan Ignacio Zoido é nomeado Director Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza con Margarita Mariscal de Gante como Ministra. En 2000 é nomeado Delegado do Goberno en Castela-A Mancha até o ano 2002, cando regresa a Andalucía como Delegado do Goberno. En 2004 pasa a ser Secretario Xeral do Partido Popular en Andalucía, cargo que ostenta até 2006, vocal de congreso do Comité Executivo Rexional, ademais de ser Vocal Electo do Comité Executivo Nacional. Tamén é portavoz do Partido Popular no concello de Sevilla, deputado autonómico, presidente da Comisión de Cultura do Parlamento de Andalucía e membro electo do Comité Executivo Nacional do Partido Popular.

O 22 de maio de 2011 gañou as eleccións á alcaldía de Sevilla con maioría absoluta, obtendo 20 concelleiros dos 33 que se ostentan no Concello, sendo investido o día 11 de xuño de 2011, cos votos dos concelleiros do seu partido.

Nas eleccións de 2015 o Partido Popular só obtén 12 concelleiros, perdendo a maioría absoluta. O candidato do PSOE Juan Espadas é investido alcalde cos apoios de Participa Sevilla e IU o 13 de xuño de 2015.

Outros cargos non profesionais[editar | editar a fonte]

Titor de Dereito Civil durante o Curso 1983-1984 no Centro Asociado de Lanzarote da Universidade Nacional de Educación a Distancia. Colaborador no Convenio de prácticas subscrito entre o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Universidade de Sevilla. Anos 1988-1989 e 1989-1990. Colaborador no mestrado do Instituto Internacional de San Telmo de Sevilla. Membro do Consello Superior de Seguridade Vial. 1996-2000. Membro da Comisión Mixta do Consello Xeral do Poder Xudicial. Ministerio de Xustiza. 1996-2000.

Honras[editar | editar a fonte]

Posúa a Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort distinguida de 2ª Clase, concedida mentres era xuíz de Primeira Instancia e Instrución de Utrera (Sevilla).

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Conferencia Universidade Pontificia de Salamanca. Escola Superior de Ciencias da Familia de Sevilla: "Como la Legislación afronta las distintas situaciones actuales de la pareja”. Marzo de 1993.
  • Consello Xeral do Poder Xudicial. Cadernos de dereito xudicial. A nova delincuencia I: “Protección Penal de los Consumidores”. 1993.
  • Consello Xeral do Poder Xudicial. Cadernos de dereito xudicial. A responsabilidade civil derivada do delito do dano, lucro, prexuízo e a valoración do dano corporal: “Valoración de la Vida e Integridad Física”. 1994.
Predecesor:
Carlos Moro

Delegado do Goberno de España en Castela-A Mancha

2000-2002
Sucesor:
Encarnación Naharro
Predecesor:
José Torres Hurtado

Delegado do Goberno de España en Andalucía

2002-2004
Sucesor:
José Antonio Viera Chacón
Predecesor:
Antonio Sanz

Secretario xeral do PP de Andalucía

2004-2006
Sucesor:
Antonio Sanz
Predecesor:
Alicia Martínez

Voceiro do Grupo Popular no Concello de Sevilla

2007-2011
Sucesor:
Juan Bueno
Predecesor:
Alfredo Sánchez Monteseirín

Alcalde de Sevilla

2011-2015
Sucesor:
Juan Espadas
Predecesor:
Pedro Castro Vázquez

Presidente da FEMP

2011-2012
Sucesor:
Íñigo de la Serna
Predecesor:
Javier Arenas

Presidente do PP de Andalucía

2012-2014
Sucesor:
Juan Manuel Moreno Bonilla
Predecesor:
Jorge Fernández Díaz
Ministro do Interior de España

2016-2018
Sucesor:
Fernando Grande-Marlaska

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]