José Torres Hurtado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Torres Hurtado
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Píñar, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargos
   Alcalde de Granada
Período14 de xuño de 2003 – 18 de abril de 2016
AntecesorJosé Moratalla
SucesorFrancisco Cuenca
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPolítico, enxeñeiro técnico agrícola
Partido políticoPartido Popular
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


José Torres Hurtado, nado en Píñar, Granada, o 15 de outubro de 1946, é un político español do ámbito do Partido Popular, alcalde de Granada de 2003 a 2016.

Biografía[editar | editar a fonte]

Ocupou a alcaldía de Granada desde 2003, cando o Partido Popular gañou as eleccións municipais nesta cidade por maioría absoluta e sucedeu o goberno tripartito (PSOE-IU-PA) da anterior lexislatura. Nas eleccións de 2007 ampliou a súa vantaxe en dous concelleiros cun 53,33% dos votos, conseguindo os mellores resultados da historia do PP en Granada e converténdose no primeiro alcalde democrático en conseguir dúas maiorías absolutas consecutivas na cidade.

Casado e con dúas fillas, José Torres Hurtado é Enxeñeiro Técnico Agrícola, e foi membro do Consello de Administración da RTVA.

Outros cargos políticos electos que ocupou antes da alcaldía de Granada foron (cronoloxicamente): deputado estatal por Alianza Popular en 1982, senador electo por Granada na terceira lexislatura (1986), Deputado Autonómico por Granada desde 1990, Deputado por Granada no Parlamento de Andalucía en marzo de 1996 e delegado do Goberno en Andalucía até a presentación da súa candidatura á alcaldía de Granada.

Xestión como alcalde[editar | editar a fonte]

Da súa lexislatura como alcalde entre 2003 e 2007 destacan as obras acometidas na cidade, como a reforma completa de dúas das principais vías da cidade (a Gran Vía e a avenida da Constitución) e a construción de tres pasos subterráneos en zonas de tráfico moi denso, así como a reconstrución integral do barrio de infravivendas de Santa Adela. Baixo o seu segundo mandato comezaron tamén as obras do Metropolitano de Granada, que conta con dar servizo á capital, así como a varios pobos da zona metropolitana.

Caso Nazarí


Predecesor:
José Enrique Moratalla Molina
Alcalde de Granada

2003 - 2016
Sucesor:
Francisco Cuenca