Juan Carlos Vilar Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan Carlos Vilar Pérez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Cerponzóns, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , debuxante , balonmanista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportebalonmán Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Sociedad Deportiva Teucro Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosPaloma Vilar Iglesias Editar o valor em Wikidata


Juan Carlos Vilar Pérez, nado en Cerponzóns (Pontevedra) o 4 de decembro de 1958, é un profesor e debuxante galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. Deu clases a adultos no cárcere da Parda e desde o seu peche no Centro Público de Educación e Promoción de Adultos (EPAPU) Nelson Mandela do Centro penitenciario da Lama[1], da que é director[2]. Xogou na SD Teucro entre 1978 e 1984.[3]

Como debuxante ten formación autodidacta, en base a gravados de grandes pintores. Comezou debuxando a lapis e carboncillo, e a súa técnica derivou ao gouache, tinta chinesa e acrílico. Ten un estilo realista, e os seus cadros adoitan recrear paisaxes urbanas e naturezas mortas[4], recreándose nos pequenos detalles[5]

Comezou expoñendo de forma colectiva en 1974 no Liceo de Vilagarcía de Arousa. En 1982 fixo a súa primeira exposición individual na Sala Albatros de Pontevedra, e en 1995 expuxo no Teatro Principal da mesma vila. En 1986 foi seleccionado no certame Novos Valores do Museo de Pontevedra.

Ilustrou o libro de Pepy G. Clavijo Pontevedra, de los nombres propios de las calles (1996), así como a súa reedición Las calles de Pontevedra (2008).

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1º Premio I Sala de Pintura Joven de Galicia (Vilagarcía de Arousa, 1974)
  • 2º Premio no Concurso de Ilustración da ACUP (Palencia, 1992)
  • 1º Premio no Certame de Artes Plásticas do Casino Mercantil e Industrial (Pontevedra, 1994)
  • Mención de Honra no III Concurso de Debuxo José Méndez Ruíz (Librilla, 1996)
  • Mención de Honra no IV Concurso de Debuxo José Méndez Ruíz (Librilla, 1997)
  • Seleccionado no Premio Nacional de Debuxo Antonio del Rincón (Deputación de Guadalajara, 1994 e 1996)
  • Seleccionado no XXVII Concurso Internacional de Pintura, Escultura e Debuxo (Quesada, 1997)
  • 2º Premio no Concurso de Pintura Alfonso Iglesias (Bueu, 2000)[6]
  • Finalista no Premio de Debuxo Provincia de Guadalajara (2007)
  • Seleccionado no XI Certame de Arte José Lapayese Bruna (Comarca del Jiloca, 2009)
  • Seleccionado no IL Concurso Internacional de Debuxo da Fundación Ynglada-Guillot (Barcelona, 2011)
  • 1º Premio no XVIII Certame Nacional de Debuxo Felipe Orlando (Benalmádena, 2017)
  • 1º Mención de Honra no XVII Certame de Acuarela Ciudad de Benalmádena (2017)
  • 2º Premio II Concurso Nacional de Pintura e Debujo Una mirada crítica y científica a la educación de las niñas (Universidade de Sevilla, 2017)[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Nelson Mandela también homenajea a Madiba", artigo en La Voz de Galicia, 7 de decembro de 2013 (en castelán).
  2. "Dar clase en el hospital o 'entre rejas'", artigo en La Opinión de A Coruña, 26 de decembro de 2017 (en castelán).
  3. Rascado, T. (1995): Sociedad Deportiva Teucro. Cincuenta años de historia. Deputación de Pontevedra. ISBN 9788488363591
  4. “Farrapos”: Exposição de Pintura a Guache e Tinta da China, na web da Cámara Municipal de Vila do Conde, 5 de maio de 2017 (en portugués).
  5. "Exposición pictórica de Juan C. Vilar" Arquivado 10 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., crítica de Ramón Rozas no boletín dixital do Casino de Pontevedra, novembro de 2015.
  6. "Premios y ovnis", artigo en La Voz de Galicia, 10 de xaneiro de 2001 (en castelán).
  7. "Fallado el II Concurso Nacional de Pintura y Dibujo: ‘Una mirada crítica y científica a la educación de la niñas’" Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine., artigo en Canal Ciencia, 9 de novembro de 2017 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]