José Vilariño Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Vilariño Fernández
Biografía
Nacemento1924 Editar o valor em Wikidata
Tellerías, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de abril de 1949 Editar o valor em Wikidata (24/25 anos)
Cerdido, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata

José Vilariño Fernández,[1] coñecido como Arturo, Pepiño ou Pepón, nado en Tellerias (Fene) en 1924 e finado en Cerdido o 16 de abril de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia foi perseguida polo franquismo. En xullo de 1947, cando facía o servizo militar en Ferrol desertou con José Antonio Castro López da gornición do Castelo da Palma, con catro fusís e munición, e ambos incorporáronse á guerrilla. Responsable do destacamento Eive-Carbón, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia dende 1948, foi acusado polas autoridades de ser o autor de dúas execucións na zona de Ferrol, do incendio dun chalé e dun camión da empresa "Calvo Sotelo". Foi reclamado polo xuíz militar de Ferrol en outubro de 1948 encartado na causa 1/48 por atraco a man armada.[2] En 1949 o seu grupo acompañou ao secretario do PCE en Galicia, Manuel Fernández Soto, na xira de reorganización polas provincias de Pontevedra, Ourense e Lugo. Morreu o 16 de abril de 1949 nun enfrontamento coa Garda Civil preto da Vila da Igrexa (Cerdido), xunto cos outros membros do destacamento Perfecto Castro Martínez e José Felpeto Gómez e un enlace. No combate perdeu a vida o garda civil Ramón Pérez Casas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nalgunhas fontes aparece como Jesús Vilariño Fernández
  2. BOE, 6-10-1948, p. 2312.
  3. La Voz de Galicia, 20-4-1949, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]