José Ramón Romero García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ramón Romero García
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Boiro, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Boiro
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

José Ramón Romero García, Martiño, nado en Boiro o 16 de xullo de 1975, é un político e empresario galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Xerente da empresa familiar Autoescolas Martiño. Foi presidente da Federación de Empresarios do Barbanza de 2012 a 2017. Así mesmo, foi membro da xunta directiva da Asociación Boirense de Empresarios, formou parte do consello social da Universidade da Coruña e foi secretario da Asociación de Autoescolas de Galicia.

Carreira política[editar | editar a fonte]

En novembro de 2018 foi proposto pola executiva local do PSdeG-PSOE de Boiro como candidato á alcaldía desta formación nas eleccións municipais de 2019.[1] En ditos comicios o PSdeG logrou unha mellora substancial dos seus resultados, pasando de 2 a 5 concelleiros e conseguindo que o PPdeG perdese a maioría absoluta que ostentara os dous anteriores mandatos. Deste xeito, foi investido alcalde co apoio do BNG, a marea Boiro Novo e o exalcalde e exsocialista Manuel Velo Velo de ICBoiro.[2] Gobernou en minoría ata outubro de 2021, cando chegou a un acordo de goberno coa edil de Boiro Novo e o concelleiro electo por Ciudadanos, que abandonou dita formación.[3] Dende febreiro de 2022 forma parte da Executiva Provincial coruñesa do PSdeG como Secretario de Industria. Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura socialista e foi reelixido alcalde con maioría absoluta.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Está casado e ten dous fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lorenzo, A. (4 de novembro de 2018). "El PSOE confirma a José Ramón Romero como candidato a la alcaldía de Boiro". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2024. 
  2. Blanco, M.X. (16 de xuño de 2019). "Martiño asume la alcaldía boirense con el reto de cumplir la demanda colectiva de transparencia". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2024. 
  3. Sevilla, Álvaro (06 de outubro de 2021). "El gobierno de Boiro se convierte en tripartito para superar el «bloqueo»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2024. 
  4. Redacción (21 de xullo de 2023). "Romero configura la organización del gobierno de Boiro según las aptitudes de los concejales". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Juan José Dieste
 
Alcalde de Boiro
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo