Juan José Dieste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Juan José Dieste (dereita), xunto o Conselleiro de Industria, Javier Guerra (esquerda), e Jesús Alonso (centro), propietario de Jealsa-Rianxeira.

Juan José Dieste Ortigueira, nado en Escarabote en 1963, é un político galego, dende maio de 2011 alcalde do concello de Boiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou na industria conserveira local, na empresa Jealsa, dirixida á súa vez polo que fora alcalde popular de Boiro Jesús Alonso Fernández.

Afiliado ao Partido Popular de Galicia dende 1988, presentouse nas listas desa formación ás eleccións de 2003, onde saíu elixido concelleiro. Cabeza de cartel á alcaldía en 2007, colleitou os peores resultados da historia do PP en Boiro, ao obter unicamente 6 concelleiros. Repetiu candidatura á alcaldía en 2011, onde nesta ocasión conseguiu o bastón de mando ao recadar o 45% dos votos e maioría absoluta de concelleiros.


Predecesor:
Xosé Deira Triñanes
Boiro.svg
Alcalde de Boiro

2011-
Sucesor:
no cargo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]