José Luis Álvarez
José Luis Álvarez Álvarez, nado en Madrid en 1930 é un político español. Está casado con Mercedes Royo-Villanova Payá.
Biografía[editar | editar a fonte]
Realizou estudos de Dereito e aprobou as oposicións a notario. En 1975, José Luis Álvarez foi designado Secretario Xeral do Partido Popular, o primeiro partido político inscrito no Rexistro do Ministerio do Interior durante a monarquía, en torno ó que se aglutina unha federación de partidos denominada «Centro Democrático», que se integrará logo na Unión de Centro Democrático. En 1976 é membro da Comisión Igrexa-Estado encargada da redacción dos Acordos entre o Estado español e a Santa Sé de 1979.
Alcalde de Madrid por designación do goberno (1978), dimite a comezos de 1979 para presentarse como candidato a Alcalde da UCD ás eleccións, mentres asume a alcaldía o até entón tenente de alcalde Luis María Huete. Nas eleccións, Álvarez foi o candidato máis votado, pero non foi elixido alcalde, por ser maior en número de concelleiros a suma dos obtidos polas candidaturas do PSOE e do PCE.
Ministro de Transportes e Comunicacións dende o 2 de maio de 1980 baixo a presidencia de Adolfo Suárez González e dende o 26 de febreiro de 1981 baixo a presidencia de Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo. O 1 de decembro de 1981, Calvo-Sotelo noméao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, cargo que ocuparía até 1982, coa vitoria socialista.
En 1989, como membro de Alianza Popular, formou parte da Comisión que realizou a transformación de Alianza Popular no Partido Popular.
En 1993, ingresou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El ex alcalde José Luis Álvarez ingresa en Bellas Artes". El País. 18 de novembro de 1993.