Jesús Sancho Rof

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jesús Sancho Rof, nado en Madrid en 1940, é un político e profesor universitario español que foi ministro nos gobernos de UCD durante as presidencias de Adolfo Suárez e Leopoldo Calvo-Sotelo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con vínculos familiares en Galicia, é neto de Juan Rof Codina e sobriño de Juan Rof Carballo. É doutor en Ciencias Físicas pola Universidade Complutense de Madrid, da que foi Catedrático de Óptica e Estrutura da Materia.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Nos últimos años do franquismo foi director xeral de Radiotelevisión Española (RTVE), substituíndo no cargo a Juan José Rosón. Restablecida a democracia foi director xeral de Política Interior e subsecretario do Interior, onde destacou como 'número dous' e home de confianza de Rodolfo Martín Villa, a quen o unía una grande amizade dende a universidade.

Foi o fundador e líder da Federación Social Independiente, agrupación de corte socialdemócrata que remataría integrándose na Unión de Centro Democrático (UCD), e nas eleccións xerais de 1977 foi elixido deputado por este partido pola provincia de Pontevedra, repetindo nas eleccións de 1982 e nas de 1986, esta vez con Alianza Popular (AP).

En 1979 foi nomeado ministro de Obras Públicas e Urbanismo e prometeu a construción dun millón de pisos de protección oficial. Coa chegada ao poder de Leopoldo Calvo-Sotelo en 1981, foi nomeado ministro de Traballo, Sanidade e Seguridade Social, sendo impulsor do I Acordo Nacional de Emprego entre a CEOE, Comisións Obreiras, UGT e o Goberno. Deixou o cargo en 1981 en parte debido ás súas declaracións sobre a chamado síndrome tóxica, provocado por aceite de colza adulterado. Tres semanas despois da morte da primeira vítima producida polo aceite de colza declarou en TVE: "(El síndrome)....es menos grave que la gripe. Lo causa un bichito del que conocemos el nombre y el primer apellido. Nos falta el segundo. Es tan pequeño que, si se cae de la mesa, se mata".[1]

Predecesor:
Joaquín Garrigues Walker
Ministro de Obras Públicas e Urbanismo
Escudo de España (mazonado).svg

6 de abril de 1979 - 28 de febreiro de 1981
Sucesor:
Luis Ortiz González
Predecesor:
Félix Manuel Pérez Miyares
Ministro de Traballo
1981
Sucesor:
Santiago Rodríguez Miranda
Predecesor:
Alberto Oliart Saussol
Ministro de Sanidade e Seguridade Social
1981
Sucesor:
Manuel Núñez Pérez

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]