José Domínguez Benavides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Domínguez Benavides
Biografía
NacementoPonteareas, España Editar o valor em Wikidata
Morte1985 Editar o valor em Wikidata
Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeIda Gramcko
PaiManuel Domínguez Sánchez Editar o valor em Wikidata
IrmánsManuel Domínguez Benavides e Álvaro Domínguez Benavides Editar o valor em Wikidata

José Domínguez Benavides, coñecido como Bena, nado en Ponteareas e finado en Venezuela en 1985, foi un xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do médico de Ponteareas Manuel Domínguez Sánchez e irmán de Manuel Domínguez Benavides. Estudou en Santiago de Compostela e dirixiu unha revista estudantil. Emigrou a Arxentina, onde colaborou en varios xornais. Retornou a Galicia en 1924.[1] Na República foi redactor de Estampa de Madrid.[2] Foi nomeado cónsul da República Española en Niza. Chegou a Venezuela en 1940. Participó na fundación do xornal El Nacional con Henrique Otero Vizcarrondo e o seu fillo Miguel Otero Silva, onde exerceu como secretario de redacción, xefe de información e xefe de cables. Tamén colaborou na fundación de Ultimas Noticias en 1941. Formou parte do grupo de profesores que fundaron a Escola de Comunicación Social (antes Escola de Periodismo) da Universidade Central de Venezuela. Foi fundador da Asociación Venezolana de Periodistas. En 1948 marchou coa muller Ida Gramcko a Moscova, onde fora nomeada encargada de negocios con rango de embaixadora. Volveu cando foi derrocado Rómulo Gallegos e loitou na clandestinidade contra a ditadura.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1945 coa poeta venezolana Ida Gramcko, que tivo relación con Blanco Amor durante a súa estadía en Venezuela.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 17-8-1924, p. 1.
  2. El Pueblo Gallego, 29-7-1934, p. 9.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]