Manuel Domínguez Benavides

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Manuel Domínguez Benavides, nado en Ponteareas o 19 de abril de 1895 e finado en México o 19 de outubro de 1947, foi un escritor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do médico de Ponteareas Manuel Domínguez Sánchez. Autodidacta, formado nas Casas del Pueblo e Ateneos Populares, a carencia de estudos non foi impedimento para exercer como xornalista, redactor do popular semanario La Estampa e novelista de éxito. Con 26 anos gañou o premio Gregorio Pueyo, que editou, en 1922. Tamén escribiu unha comedia coa que obtivo en 1928 o segundo premio nun concurso do ABC.

Residiu alternativamente en Madrid e Barcelona, militando no PSOE. En 1933, publica a súa primeira novela social Un hombre de treinta años, de corte autobiográfico, á que se sumou ao ano seguinte El último pirata del mediterráneo, un dos grandes éxitos populares da época.

Na guerra civil foi comisario da flota republicana. En 1938 asistiu xunto a José Bergamín e José María Quiroga Pla, á conferencia extraordinaria da Asociación Internacional de Escritores para a Defensa da Cultura.

Cando rematou a guerra, exiliouse en México, onde militou no Grupo Jaime Vera do PSOE. Pouco antes do seu falecemento, pasouse ao PCE. Foi secretario de redacción da revista Reconquista de España, desenvolvendo ademais unha incansábel labor como escritor, publicando varias novelas sobre episodios de la guerra civil, entre elas, a máis coñecida, La Escuadra la mandan los cabos, aparecida en 1944.

Publicou cinco novelas, unha obra teatral, unha biografía e dúas reportaxes noveladas, ademais dun ensaio e un estudo histórico.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]