José Antonio Rodríguez Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Antonio Rodríguez Fernández
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1937 Editar o valor em Wikidata
Taraza, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de novembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , capitán de corveta Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

José Antonio Rodríguez Fernández, nado en Taraza (Valdoviño) o 2 de febreiro de 1937 e finado o 5 de novembro de 2023, foi un político e militar galego. Foi alcalde do seu concello dende o 1999 ó 2003 baixo as siglas do Partido Popular.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 17 anos ingresou como mariñeiro voluntario na Armada Española, na que logo de pasar polas Escola de Máquinas da Armada de Ferrol e a Escola Naval de Marín acada as categorías de suboficial e oficial respectivamente. Logo de exercer como xefe de máquinas nos destrutores Jorge Juan e Blas de Lezo, pasa á reserva activa co rango de capitán de corveta[1].

Nas eleccións municipais de 1995 entra por vez primeira na vida política municipal. Se ben foi proposto como candidato do PPdeG polo seu comité local, o rexeitamento da executiva provincial[2] supuxo que encabezase unha candidatura independente coa que foi primeiro tenente de alcalde nun goberno en coalición co PSdeG-PSOE. Repetiu a candidatura independente nas eleccións de 1999 e obtivo a alcaldía, pese a sela terceira forza política, ó logralo apoio do PPdeG (primeira forza) e integrarse previamente neste partido co seu equipo. Foi candidato popular nas municipais de 2003 pero, aínda que foi a forza máis votada, perdeu a alcaldía dado o acordo entre Centristas de Valdoviño e PSdeG.

Nas municipais de 2007 concorreu en cabeza de Unión de Independientes de Valdoviño, formación que logrou un concelleiro pero que foi chave de goberno formando un tripartito con Terra Galega e o PPdeG. Nas municipais de 2011 foi o número 2 de Converxencia Galega e formou parte do goberno co PPdeG e Unidos por Valdoviño dende febreiro de 2013[3]. Debido a este pacto foi expulsado do partido co seu compañeiro e integrouse na lista do PPdeG nas municipais de 2015, sendo elixido concelleiro pero pasando á oposición debido á vitoria do PSdeG-PSOE. Volveu formar parte da lista popular nas municipais de 2019 pero non resultou elixido dado o descenso do partido.


Predecesor:
Elisa Garrido Cantarero
 
Alcalde de Valdoviño
 
1999 - 2003
Sucesor:
Concepción Sanesteban Raposo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outras páxinas[editar | editar a fonte]