José Antonio Arán Trillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Antonio Arán Trillo
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1936 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de agosto de 2018 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Boisaca Editar o valor em Wikidata
Cargos
Secretario do Colexio Médico de Santiago, Secretario da Academia Médico-cirúrxica, Representante dos médicos libres no Consello Xeral de Colexios Médicos, Presidente en Santiago da UCD, Responsábel do CDS en Galicia.
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
Formación profesionalLicenciado en Medicina e Cirurxía
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMédico especialista en Obstetricia e Xinecoloxía
Familia
CónxuxeIsabel Romero García
FillosEduardo, Javier, Jorge, Sabela

José Antonio Arán Trillo nado o 1 de febreiro de 1936 en Santiago de Compostela[1] e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 2018,[2][3] foi un médico e, por breve tempo, político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Arán Trillo realizou os seus estudos primarios e secundarios primeiro na academia Zubeldía da Carreira do Conde e despois no colexio Sciencia, cursado a Licenciatura en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, etapa na que foi membro da tuna, onde fortaleceu a súa vocación musical, que cultivou posteriormente tocando o contrabaixo.[2]

Actividades na medicina[editar | editar a fonte]

Especializado en obstetricia e xinecoloxía abriu unha consulta particular en Santiago. Con ideas avanzadas da súa especialidade —mostourse sempre partidario do control da natalidade e dos medios anticonceptivos—, recoñecía ter contabilizado até moi a principios da década dos anos 1990 todos e cada un dos partos que atendera, e daqula eran vinte mil en máis de trinta anos de profesión. Tamén desempeñou cargos directivos no Colexio Médico a na Academia Médico Cirúrxica de Santiago, así como no Consello Xeral do Colexio Médico de España.[2]

Actividades na política[editar | editar a fonte]

Despois da morte de Franco, Arán foi unha das figuras claves da política galega da transición, aínda que se mantivo en primeira liña da súa profesión pese ás dificultades, por el mesmo recoñecidas, de dedicarse a ambas as actividades. Hai uns anos recordaba, nunha entrevista, ese difícil equilibrio, e non se arrepentía deixar a política «tal como está evolucionando, encóntrase un moito mellor fóra». O protagonismo de Arán Trillo na política galega desenvolveuse sempre no centrismo. Foi un dos homes da máxima confianza de Adolfo Suárez en Galicia, primeiro a Unión de Centro Democrático, partido do que foi presidente en Santiago, e despois no Centro Democrático e Social, como máximo responsábel en Galicia. Na última etapa do CDS, coa figura política do expresidente do Goberno en decadencia e tras sucesivos reveses electorais que, segndo el mesmo recoñeceu, deixárlle «un poso de decepción», Arán Trillo abandonou a política pese a ter ofertas para continuar en activo noutras formacións.[2]

Vida familiar[editar | editar a fonte]

José Antonio Arán Trillo estivo casado con Isabel Romero García coa que tivo catro fillos: Eduardo (médico), Javier (biólogo), Jorge (piloto) e Sabela (actriz).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Feliciano Barrea 2002, p. 38.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Soler, Xoán A. (18 de agosto de 2018). "Luto en Santiago por el fallecimiento del ginecólogo y expolítico José Antonio Arán Trillo". La Voz de Galicia. 
  3. ECG, sn (16 de agosto de 2018). "Luto por el fallecimiento del ginecólogo José A. Arán Trillo". El Correo Gallego. Consultado o 26 de xuño de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]