John Chancellor
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xullo de 1927 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 12 de xullo de 1996 (68 anos) Princeton, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Morte natural (Cancro de estómago ) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Illinois en Urbana-Champaign Defense Information School (en) UIUC College of Media (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Arte |
Ocupación | presentador de televisión , enxeñeiro , xornalista , historiador |
Período de actividade | 1952 - |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios | |
John William Chancellor, nado en Chicago o 14 de xullo de 1927 e finado en Princeton, Nova Jersey o 12 de xullo de 1996, foi un xornalista estadounidense, que traballou durante a maioría da súa carreira para NBC News, sendo o presentador de NBC Nightly News de 1970 a 1982.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Chancellor comezou a traballar en 1948 no Chicago Sun-Times primeiro como rapaz para todo e despois como reporteiro, desde 1950 traballou na estación de televisión local afiliada á NBC, a WNBQ, e a partir de 1956 foi correspondente de Huntley-Brinkley Report, o noticieiro da tarde da NBC e posteriormente, en 1958 e ata 1960, en Europa (Viena, Londres, Moscova e Bruxelas). En xullo de 1961, Chancellor substituíu a Dave Garroway como presentador do programa da NBC Today, deixándoo en setembro de 1962 para pasar a correspondente político para a NBC News, el xunto con Frank McGee, Edwin Newman e Sander Vanocur conformaron un equipo que cubriu as convencións políticas da década de 1960, sendo coñecidos como "Four Horsemen" (Catro xinetes)[1]. Durante a convención nacional republicana de 1964 arrestárono[2] cando intentaba entrevistar a un delegado por intentar interromper o transcurso normal da convención, Chancellor transmitiu en directo o seu arresto. En 1965 aceptou o nomeamento como director da Voice of America a proposta do presidente Lyndon Johnson, posto que mantivo ata 1967. Volvendo á NBC en 1968 de novo como correspondente de Huntley-Brinkley Report e dous anos máis tarde converteuse en presentador da NBC Nightly News, posición que mantivo ata o 2 de abril de 1982, permanecendo no programa realizando comentarios editoriais ata o 9 de xullo de 1993.
Na súa honra creouse o Premio John Chancellor para a excelencia no xornalismo administrado pola Annenberg Public Policy Center ata 2004 e desde aquela pola Facultade de Xornalismo da Universidade de Columbia
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John Chancellor |