John Arbuthnot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Arbuthnot

John Arbuthnot, nado en 1667 e finado en 1735, foi un médico e escritor escocés do Clan Arbuthnott.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cartel de recrutamento na Primeira Guerra Mundial con John Bull —personaxe de creado por John Arbuthnot—

Naceu en Kincardineshire, Escocia, fillo dun pastor episcopaliano, en 1685 graduouse en artes. En 1691, despois da morte do seu pai, marchou a Londres, onde estuda en Oxford, licenciándose como médico finalmente na Universidade de St. Andrews, en Escocia. Por volta de 1700 publica Essay on the usefulness of mathematical learning.

En 1705 foi nomeado médico da raíña Ana. Arbuthnot foi un dos membros fundadores do Club Scriblerus xunto con Jonathan Swift e Alexander Pope. Coñecese sobre todo polo seu personaxe de John Bull (1712), consagrado despois como a representación do inglés típico.