Johann Ludwig Bach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Johann Ludwig Bach.

Johann Ludwig Bach, nado o 4 de febreiro de 1677 e finado o 1 de marzo de 1731, foi un organista e compositor alemán, chamado ás veces "Bach de Meiningen".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Jacob Bach. Naceu en Ruhla. Tras cursar os seus estudos musicais e teolóxicos en Gotha, foi cantor na cidade de Ruhla. En 1699 foi chamado á corte de Meiningen, onde en 1703, proposto polo príncipe Bernardo I de Saxonia-Meiningen, foi nomeado cantor e mestre de paxes. Foi director da orquestra local da corte dende 1711 e tivo o honor de ver as súas partituras copiadas por Johann Sebastian Bach. Morreu nesa cidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]