Jesús Tato Lens
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1859 Santiago de Compostela, España |
Morte | 22 de agosto de 1929 (69/70 anos) Lyndhurst, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Jesús Tato Lens, nado en Santiago de Compostela[1] cara a 1859 e finado en Lynhurst (Nova Jersey) o 22 de agosto de 1929, foi xornalista e sindicalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrou a Cuba cara a 1890. Pasou despois a outros países centroamericanos, ata chegar aos Estados Unidos de América e instalarse en Nova York. Dedicouse ao xornalismo, foi correspondente de Vida Gallega en Nova York,[2] e escribiu para esta revista unha serie de biografías de ricos emigrantes galegos.[3] Foi un dos fundadores da Unión Benéfica Española e da casa de Galicia en Nova York,[4] e delegado da Cruz Vermella Española en Nova York.[5]
Foi un líder obreiro.[6] Nos últimos anos da súa vida dedicouse ao ensino da lingua castelá.[7]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou na Habana con Carmela Pardo Suárez en 1891.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Outras fontes afirman que naceu en Vigo.
- ↑ Vida Gallega, 31-7-1910, p. 16.
- ↑ "Los gallegos en New-York", Vida Gallega, 30-4-1910, 15-5-1910 e 30-7-1910.
- ↑ Eco de Galicia, 2-10-1925, p. 24.
- ↑ El Ideal Gallego, 8-11-1928, p. 8.
- ↑ Vida Gallega, 20-10-1927, p. 28
- ↑ "El entierro del señor Jesús Tato Lens hoy", La Prensa, 24-8-1929, p. 3.
- ↑ El Regional, 7-2-1891, p. 3.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jesús Tato Lens |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Varela-Lago, Ana (2008). "A emigración galega aos Estados Unidos: Galegos en Louisiana, Florida e Nova York (1870-1940)" (PDF). Estudos Migratorios I (2): 63–84.