Sitar
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
O sitar (urdú:ستار, hindi: सितार, bengalí: সেতার, persa: سیتار ), é un instrumento musical indio e paquistaní, de corda pulsada, de arquitectura semellante á da guitarra, o laúde, ou o banjo. Identifícase polo seu son metalizado e os seus glissandos.
O sitar é un instrumento versátil con son delicado e brillante, apropiado para expresar o lento desenvolvemento dos ragas así como para servir á interpretación virtuosa.