Jean du Bellay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean du Bellay.

Jean du Bellay, nado en 1492 ou 1498 en Souday e morto o 16 de febreiro de 1560 en Roma, foi un eclesiástico e diplomático francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o terceiro fillo de Louis du Bellay e de Marguerie de la Tour-Landry e irmán de Guillaume du Bellay e de Martin du Bellay. Gozou do favor de Francisco I , quen o elevou ás máis altas digniddes, e confioulle importantes asuntos. Foi bispo de Baiona (1526-1532) e de París (1532-1541), foi tamén abade de Fontaine-Daniel desde 1552 ata a súa morte.

Foi en 1527 e de novo en 1533 embaixador diante Henrique VIII, quen ameazaba con romper con Roma de non conseguir o divorcio de Catarina de Aragón, du Bellay foi a Roma para intentar chegar a un compromiso entre o rei inglés e o papa Clemente VI, pero este finalmente excomunga ó inglés co apoio de Carlos V provocando o cisma de Inglaterra.

Embaixador diante Paulo III, quen o fixo cardeal o 21 de maio de 1535. Tralo desembarco de Carlos V en Provenza cun numeroso exército, Francisco I sae ó seu encontro, deixando ó cardeal Bellay en París co título de tenente xeneral e comandante da Picardía e de Champaña. Polos seus servizos Francisco I nomeouno en 1541 bispo de Limoges, en 1544 arcebispo de Bordeos e en 1546 bispo de Le Mans. Du Bellay protexeu e cultivou as letras e con Guillaume Budé convenceu ó rei para fundar o Collège de France . Despois de 1547 o cardeal du Bellay caeu en desgraza e foi privado do seu rango e creto polas intrigas do cardeal de Lorrena. Retirouse a Roma, co título de bispo de Ostia, construíu un gran palacio como residencia e tras a morte do papa Marcelo II logrou 8 votos no conclave que elixiu papa a Xulio III.

François Rabelais serviuno un tempo como o seu secretario e médico.[1]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Du Bellay escribiu tres libros de poesía latina que publicou de forma conxunta en 1546, unha apoloxía en latín do rei de Francia Francisci (primi) Francorum régis Epistola apologetica 1542, in-8° ; traduit en français, 1545, Joannis cardinalis Bellaii, Francisci Olivarii et Africani Mallcii, Francisci I legatorum, Orationes duce, nec non pro eodem rege Defensio adversus Jacobi Omphalii maledicta, 1544, e unha nova apoloxía, desta volta en francés, Apologie de François Ier de France|François Ier, publicada en 1546.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Acompañouno a Roma dúas veces, en 1534 e en 1547.