Saltar ao contido

Jean Epstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJean Epstein

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1897 Editar o valor en Wikidata
Varsovia, Polonia Editar o valor en Wikidata
Morte2 de abril de 1953 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza cerebrovascular Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaQ110338326 Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, crítico literario, escritor, guionista, crítico de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1922 Editar o valor en Wikidata - 1953 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoFrench Impressionist Cinema (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en

IMDB: nm0258477 Allocine: 4403 Rottentomatoes: celebrity/jean_epstein Allmovie: p89050
BNE: XX1258769 Find a Grave: 10430508 Editar o valor en Wikidata

Jean Epstein, (ɛpˈʃtajn) nado en Varsovia o 25 de marzo de 1897 e finado en París o 2 de abril de 1953 foi un cineasta, teórico do cinema, crítico literario e novelista francés. Aínda que na actualidade é recordado principalmente pola súa adaptación de A caída da casa Usher, de Edgar Allan Poe, Epstein dirixiu tres ducias de filmes e foi un influente crítico literario e cinematográfico entre as décadas de 1920 e 1940. Adoita relacionarse co Cinema Francés Impresionista e o concepto de photogénie.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Epstein naceu en Varsovia, fillo dun xudeu francés e unha polaca. Trala morte do seu pai en 1908 a familia mudouse a Suíza, onde Epstein permaneceu ata comezar na escola de medicina na Universidade de Lión. Nesta cidade traballou como secretario e tradutor de Auguste Lumière, considerado un dos fundadores do cinema.

Epstein comezou a dirixir os seus propios filmes en 1922 con Pasteur, ao que seguiu L'Auberge rouge e Coeur fidèle (ambos os dous de 1923). O director Luis Buñuel traballou como o seu axudante en Mauprat (1926) e La Chute de la maison Usher (1928). As primeiras críticas de Espstein apareceron no xornal L'Esprit Nouveau.

Durante a rodaxe de Coeur fidèle Epstein escolleu filmar unha sinxela historia de amor e violencia “para gañar a confianza deses, aínda tan numerosos, que cren que tan só o melodrama máis baixo poder interesar ao público”, e tamén coa esperanza de crear “un melodrama tan espido de todas as convencións ligadas ao xénero, tan sobrio, tan sinxelo, que poida achegarse á nobreza e á excelencia da traxedia”.[1] Escribiu o guión do filme nunha soa noite.

Epstein quedar moi impresionado por La Roue, de Abel Gance, e en Coeur fidèle tratou de aplicar as técnicas de montaxe rápido e rítmico ademais do uso innovador dos primeiros planos e a sobreimpresión das imaxes. Estas técnicas aparecen especialmente na primeira metade do filmes: a secuencia inicial establece a situación de Marie no bar do porto mediante unha serie de primeiros planos da súa cara, as súas mans, a mesa e os vasos que está a lavar; o uso das imaxes do mar e do porto, intercaladas ou superpostas, para expresar as arelas de Jean e de Marie; e a secuencia máis célebre do filme na feira na que unha complexa serie de imaxes xuntadas ritmicamente debuxa a tensión na relación entre Marie e Petit Paul. As últimas escenas do filmes son relativamente convencionais en canto ás técnicas empregadas e dependen máis da situación e da acción que da fotografía e do procesamento das imaxes. Na década de 1920 o traballo de Epstein influíu no expresionismo alemán.

Epstein tamén realizou varios documentais sobre a Bretaña. Estes inclúen Finis Terræ filmado en Ouessant, Mor vran (en bretón, o mar dos corvos), rodado en Sein, L'Or des mers rodado en Hoëdic e Le Tempestaire en Belle Île. Chanson d'Armor é coñecido por ser o primeiro filme da historia falado en bretón. As súas dúas novelas tamén están ambientadas na Bretaña: L'Or des mers en Ouessant e Les Recteurs et la sirène en Sein.

Epstein morreu en 1953, vítima dunha hemorraxia cerebral.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Pasteur (1922)
  • Les Vendanges (1922)
  • La Montagne infidèle (1923)
  • Coeur fidèle (1923)
  • La Belle nivernaise (1923)
  • L'Auberge rouge (1923)
  • Le Lion des Mogols (1924)
  • La Goutte de sang (1924)
  • L'Affiche (1924)
  • Les Aventures de Robert Macaire (1925)
  • Mauprat (1926)
  • Au pays de G. Sand (1926)
  • Le Double amour (1926)
  • Six et demi onze (1927)
  • La Glace à trois faces (1927)
  • La Chute de la maison Usher (1928)
  • Finis Terræ (1929)
  • Sa tête (1929)
  • Le Pas de la mule (1930)
  • Notre-Dame de Paris (1931)
  • Mor vran (1931)
  • L'Or des mers (1932)
  • L'Homme à l'hispano (1933)
  • La Châtelaine du Liban (1934)
  • Chanson d'Armor (1934)
  • La Vie d'un grand journal (1934)
  • Cuor di vagabondo (1936)
  • La Bourgogne (1936)
  • La Bretagne (1936)
  • Vive la vie (1937)
  • La Femme du bout du monde (1937)
  • Les Bâtisseurs (1938)
  • Eau vive (1938)
  • La Relève (1938)
  • Artères de France (1939)
  • Le Tempestaire (1947)
  • Les Feux de la mer (1948)

Obra literaria

[editar | editar a fonte]

Literatura e teoría literaria

[editar | editar a fonte]
  • Bonjour, cinéma. París: La Sirène, 1921.
  • La Poésie d'aujourd'hui, un nouvel état d'intelligence. París: La Sirène, 1921.
  • La Lyrosophie. París: La Sirène, 1922.
  • Le Cinématographe vu de l'Etna. París: Les Écrivains réunis, 1926.
  • La Photogénie de l'impondérable. París: Corymbe, 1935.
  • L'Intelligence d'une machine. París: J. Melot, 1946.
  • Le Cinéma du diable. París: J. Melot, 1947.
  • Esprit de cinéma. Genève: Jeheber, 1955.
  • Écrits sur le cinéma, 1921-1953: édition chronologique en deux volumes. París: Seghers, 1974–1975.
  • Les Recteurs et la sirène. París: Fernand Aubier/Éd. Montaigne, 1934.
  • L'Or des mers. París: Librairie Valois, 1932.
  1. Jean Epstein (1924) "Présentation de Coeur fidèle", en Ecrits sur le cinéma, 1, 124 (xan. 1924) [citado en Richard Abel, French Cinema: the first wave 1915-1929 (Princeton University Press, 1984), p.360.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sarah Keller and Jason N. Paul, eds., Jean Epstein: Critical Essays and New Translations. Ámsterdan: Amsterdam University Press, 2012.
  • Jacques Aumont, ed., Jean Epstein: cinéaste, poète, philosophe. París: Cinémathèque française, 1998.
  • Vincent Guigueno, Jean Epstein, cinéaste des îles. París: Jean Michel Place, 2003.
  • Prosper Hillairet, Cœur fidèle de Jean Epstein. Crisnée: Yellow Now, 2008.
  • Pierre Leprohon, Jean Epstein. París: Seghers, 1964.
  • Stuart Liebman, Jean Epstein’s Early Film Theory, 1920-1922. PhD Dissertation: New York University, 1980.
  • Trond Lundemo, Jean Epstein: intelligensen hos en maskin. Estocolmo: Cinemateket, Svenska Filminstitutet, 2001.
  • Laura Vichi, Jean Epstein. Milán: Il castoro, 2003.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]