Janwillem van de Wetering

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Janwillem van de Wetering, nado en Róterdam o 12 de febreiro de 1931 e finado en Blue Hill, Maine o 4 de xullo de 2008, foi un escritor neerlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Van de Wetering naceu e educouse en Róterdam, pero posteriormente viviu en Sudáfrica (1950-1956), Xapón, Londres, Colombia, Perú, Australia e antes da súa morte residía en Surry, Maine. Pasou un tempo nun mosteiro budista zen (1958-1959) e foi policía auxiliar en Ámsterdan en substición do servizo militar, aínda que despois continuou durante sete anos.

Coñecido como autor de novelas policiais que escribía en neerlandés, as cales el mesmo traduce ao inglés, en xeral con grandes diferenzas coa versión orixinal. As súas novelas máis populares son as potagonizadas por Grijpstra e de Gier, unha parella de policías de Ámsterdan, amantes da esmorga, que levan ao lector aos barrios marxinais da cidade.

Obra[editar | editar a fonte]

Grijstra & De Gier[editar | editar a fonte]

  • 1975 Het lijk in de Haarlemmer Houttuinen
  • 1976 Buitelkruid
  • 1976 De Gelaarsde Kater
  • 1977 De dood van een marktkoopman
  • 1977 Een dode uit het Oosten
  • 1978 De blonde baviaan
  • 1979 Het Werkbezoek
  • 1983 Moord zonder lijk, lijk zonder moord
  • 1982 De straatvogel
  • 1984 De ratelrat
  • 1985 De zaak IJsbreker
  • 1993 Drijflijk
  • 1994 Een toevalstreffer
  • 1996 Een ventje van veertig
  • 1996 Tango in Amsterdam en andere verhalen