Jacopo Amigoni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Venus e Adonis, na Alte Pinakothek de Múnic.

Jacopo Amigoni, nado en Nápoles en 1682 e finado en Madrid en 1752, foi un pintor italiano pertencente á escola veneciana.

Estilo e obra[editar | editar a fonte]

Foi coñecido polas súas pinturas de tema mitolóxico. O seu estilo rococó tivo moito éxito en Alemaña, Inglaterra e España, onde en 1747 se instalou como pintor de cámara de Fernando VI, que lle encargou a decoración dos palacios de Aranjuez e do Retiro.