Jacob Gijsbertus Samuël van Breda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jacob van Breda
Jacob van Breda.jpg
Datos persoais
Nacemento 24 de outubro de 1788
Lugar Delft (Países Baixos)
Falecemento 2 de setembro de 1867
Lugar Haarlem (Países Baixos)
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia Países Baixos
Nacionalidade neerlandesa
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Campo {{{campo}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese {{{director_tese}}}
Alumnos tese {{{alumnos_tese}}}
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por {{{coñecido}}}
Influído por {{{influído}}}
Influíu en {{{influíu}}}
Premios {{{premios}}}

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

{{{notas}}}

Jacob Gijsbertus Samuël van Breda, coñecido como Jakob van Breda, nado en Delft o 24 de outubro de 1788 e finado en Haarlem o 2 de setembro de 1867, foi un biólogo, naturalista e xeólogo neerlaandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jacob era fillo de Jacob van Breda, un médico, físico e político, e de Anna Elsenera van Campen, que faleceu cando Jakob tiña dous anos.

Estudou medicina e física na universidade de Leiden, obteniendo os graos en medicina e en filosofía en 1811. A continuación marchou a París.

A partir de 1816 e até os primeiro anos da seguinte década, foi profesor de botánica, química e farmacia na universidade de Franeker. En Franeker faise íntimo amigo do influente avogado, administrador e político neerlandés Adriaan Gillis Camper, que era fillo do profesor de anatomía Petrus Camper.

En 1821 casou en Klein Lankum coa terceira filla de Camper, Frederika Theodora Ernestina Camper (1799-1834), que era unha apaixoada científica amateur que o acompañou nas sús expediciones con Georges Cuvier en Francia, e con Humphry Davy en Inglaterra; ela ilustraba os espécimes.

A partir de 1822, van Breda foi profesor de botánica, zooloxía e anatomía comparada na universidade de Gante. Alí sería director do Xardín botánico e, en 1825, dá comeno á súa maior obra botánica: Genera et Species Orchidearum et Asclepiadearum, en quince volumes nos que describiu os xéneros das plantas das Indias Orientais Neerlandesas que lle remitían desde a súa capital Batavia )(hoxe Xacarta). Pero debe abandonar este proxecto e o seu cargo en 1830 debido á Revolución belga. En 1825 escribe unha biografía do seu defunto sogro: Levens-schets van Adriaan Gilles Camper.

En 1831 van Breda foi profesor extraordinario de zooloxía e xeoloxía en Leiden. Despois da morte da súa muller o 15 de abril de 1834, volve a casar en 1836 con C. M. Veeren. Como xeólogo, van Breda foi un seguidor do uniformismo.

En 1839 vai a Haarlem onde é designado secretario de Hollandsche Maatschappij der Wetenschappen (Sociedade Holandesa de Ciencias) e director dos gabinetes Palaeontolóxico e Mineralóxico e Físico do Teylers Museum. Nesta última función investigou no campo do magnetismo e da electricidade, e tamén estudou moitos fósiles, entre eles o espécime de Haarlem do Archaeopteryx.

De 1852 a 1855, ás ordes de Thorbecke foi presidente dunha comisión preparatoria da creación da primeira carta xeológica dos Países Baixos. Xa entre 1826 e 1830 tivera algunha experiencia nese campo, cando realizou un mapa xeolóxico dos Países Baixos Austríacos (o que despois serían Bélxica e Luxemburgo). Porén, este último proxecto fracasou.

En 1857 retírase do seu cargo en Leiden e en 1864 das súas funcións en Haarlem, falecendo nesta última cidade, dun infarto, en 1867.

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

  • A abreviatura Breda emprégase para indicar a Jacob Gijsbertus Samuël van Breda como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
  • A abreviatura Breda emprégase para indicar a Jacob Gijsbertus Samuël van Breda como autoridade na descrición e clasificación científica en zooloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Jacob Gijsbertus Samuël van Breda

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Matthes, C. J. (1867): "Levensberigt van J. G. S. van Breda", Jaarboek van de Koninklijke Akademie van wetenschappen: 22-32.Ver en liña
  • Withers, T. H. (1935): "Catalogue of Fossil Cirripedia in the Department of Geology". Vol. II. Cretaceous, v. 2. – Br. Mus. (Nat. Hist.) Londres: 1-535.
  • Bruijn, G. J. de (1969): "J. G. S. van Breda (1788-1867), een vroeg Nederlands geoloog." Grondboor & Hamer, 23, 2: 74-77.
  • Leloux, Jacob (2002): "Type specimens of Maastrichtian fossils in the National Museum of Natural History, Leiden." NNM Tech. Bull., 4: 1-40, 4 pls, 1 fig., 1 táboa.