Hulk (banda deseñada)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hulk


Editorial Marvel Comics
Primeira aparición The Incredible Hulk #1, maio de 1962
Creado por Stan Lee, Jack Kirby
Datos vitais
Nome real Bruce Banner
Nacionalidade Estadounidense
Afiliacións Avengers
Defenders
Fantastic Four
Heroes For Hire
Compañeiros Rick Jones
Outros alias Captain Universe, Joe Fixit, Mr. Fixit, Mechano, Professor Bruce Bancroft, David Banner, David Bixby, Bob Danner, Bruce Jones, Bruce Roberts, David Blaine, Green Scar, Bob, World-Breaker, Sakaarson
Parentes Brian Banner (pai, falecido), Rebeca Banner (nai, falecida), Jennifer Walters (She-Hulk, curmá), Betty Banner Ross (esposa), Xeneral Ross (Red Hulk, sogro), Caiera (esposa falecida), Skaar (fillo), Lyra (filla)
Poderes Habilidades físicas sobrehumanas.

Hulk é un personaxe ficticio do Universo Marvel de Marvel Comics. Foi creado por Stan Lee e Jack Kirby, e apareceu por vez primeira en The Incredible Hulk #1 en maio de 1962.

Hulk é o alter ego emocional e impulsivo do Doutor Bruce Banner, un físico tímido e reservado. Aparece pouco despois de que Banner exponse de xeito accidental á radiación dunha bomba gamma inventada por el. Logo diso Banner transfórmase involuntariamente en Hulk, un monstro humanoide xigante e violento, o que lle traerá a Banner a ter unha morea de complicacións persoais. Stan Lee ten dito que a idea de Hulk está inspirada por unha mestura do Doutor Jekyll e Mr. Hyde e Frankenstein.

Aínda que a cor de Hulk ten variado a través dos anos, a maioría das veces é verde. Cando transfórmase en Hulk, Banner é quen de alcanzar moita forza física, que medra coa ira do personaxe. As emocións fortes como a ira ou terror favorecen e provocan a transformación de Banner en Hulk. O argumento típico das historias é o exército dos Estados Unidos perseguindo a Banner por toda a destrución que causa Hulk.

Hulk foi levado ao cinema e á televisión. Entre elas, destaca a serie de televisión onde Bill Bixby como o Doutor Banner e Lou Ferrigno como Hulk. Tamén apareceu no cinema baixo a dirección de Ang Lee (Hulk, 2003) e Louis Leterrier (The Incredible Hulk, 2008), e tamén aparecerá no vindeiro filme de The Avengers.