Unidad Popular Castellana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unidad Popular Castellana
Tipopartido político
Ideoloxíasocialismo
Data de fundación22 de marzo de 1983
Data de disolución2000
SedeValladolid
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Unidad Popular Castellana (UPC) (Unidade Popular Castelá en galego) foi un partido político castelanista con sede en Valladolid. Está integrado en Izquierda Castellana actualmente. Fundouse en Valladolid en marzo de 1983 co nome de Unidad Popular-Pueblo Revolucionario e xurdiu como unha opción rexionalista castelán-leonesa de esquerdas, se ben tempo despois cambiou o seu nome polo de Unidad Popular Castellana e a súa ideoloxía polo soberanismo independentista castelán. A meirande parte dos seus militantes eran mozos de esquerdas ou antigos militantes do Movemento Comunista.

Unidad Popular Castellana era un partido de ideoloxía esquerdista que buscaba a independencia de Castela con respecto a España. Aínda que aspiraba a un soberanismo castelán total e defendía unha Castela de 17 provincias composta por Castela a Vella (con Cantabria e A Rioxa), Castela a Nova (incluíndo a Madrid) e a Rexión de León (Salamanca, Zamora, León), UPC só estaba implantado na Comunidade Autónoma de Castela e León.

Debido á súa ideoloxía comunista e a que pediu o voto para Herri Batasuna nas eleccións europeas de 1987,[1] UPC foi acusado por algúns colectivos de apoloxía da violencia e de enaltecemento do terrorismo, acusacións que nunca foron demostradas.

UPC presentouse a varias eleccións dende o ano da súa creación ata 2000, conseguindo sempre escasa representación. Xa en 2000, este partido únese con outros colectivos castelanistas de esquerdas para dar lugar ao actual partido Izquierda Castellana, considerado herdeiro político de UPC.

Notas[editar | editar a fonte]